Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Eiva (Ferrol) (textos íntegros) - Aires mariñeiros
Arias Saavedra, Ana

Xa viñeron dende Ferrol,
os mariñeiros a Lugo,
uniformados viñeron ,
renderlle á Virxe culto,

Á Virxe da Esperanza,
Raíña de tódolos mares,
de ríos fontes e ventos,
de bravos e lenes aires,

Viñeron os mariñeiros,
dende Ferrol deica Lugo,
engalanados deixaron,
seus hálitos impolutos,

Xa percorreron por Lugo,
os celmosos mariñeiros,
enfeitando nosos aires,
emocionando nos ventos,

Alma e corazón das xentes,
sentementos fervorosos,
deixaron os mariñeiros,
cantándolle moi amorosos,

Á Raíña e Señora,
Raíña dos mariñeiros,
Raíña de mar adentro,
da chaira flores e felgos,

Vestida de branco armiño,
de manto verde vestida,
coa Cara moi desolada,
de inxente pena sentida,

Percorre rúas de Lugo,
ante devotas miradas,
acompañada en cortexo,
por almas afervoadas,

Dos seus servos ben amados,
elegantes mariñeiros,
cos aires van recendando,
mergullando en sentementos,

Cantándo-lle fanse quedos,
os aires que emocionados,
escoitan no belo entoar,
na beldade coligados,

Na Salve máis fermosa,
endexamais cantada,
tan só polos mariñeiros,
coa voz a Ela elevada,

Xa viñeron os mariñeiros,
un ano máis lle cantar,
á Virxe da Esperanza,
facendo emocións chorar,