Ana Arias Saavedra, nace o día 15 de outubro no ano 1951 no pobo de Freán, parroquia de Sirvián, concello de Guntín de Pallares. Vive en Freán os dous primeiros anos da súa vida, no fogar dos seus devanceiros, a partires desa idade vive en Lugo cos seus pais, primeiro no barrio de A Ponte, máis tarde no barrio de San Lázaro, estuda na escola de A Ponte toma a súa primeira comuñón ós oito anos de idade na igrexa dos Pais Franciscanos logo de asistir ás catequesis impartidas nos Pais Franciscanos, á idade de nove anos pasa a residir no barrio que daquela era chamado Abuín. Nova escola, novos amigos/as, máis tarde estudano grupo escolar de Lugo, xa máis adiante nun centro privado ,logo de dous anos de permanencia nel rexeita seguir estudando, decantándose pola formación profesional. Ingresa na academia de patronaxe, corte e confección sistema Martí, dita academia de ensinanza privada, ó remate de tres anos, sae da academia co título e mención honorífica en catro especialidades tanto en patronaxe, corte e confección. Erixe o seu propio taller na rúa Río Lor de Lugo, logo de dous anos ó fronte da súa angueira adoita pechalo para irse a Barcelona, aí na cidade traballa nunha tenda de modas, acode a un centro de deseño, ó remate dun ano por circunstancias persoais recunca a Galicia co firme desexo de voltar a Barcelona pronto, circunstancias adversas ós seus anceios fan que se quede en Lugo interrompendo así a súas angueiras en Barcelona. Pasando a ser para as súas clientas/es deseñadora sen título.
Ós 21 anos de idade desexa obter o carné de conducir nesa era do réxime de Franco, as mulleres para obter o dito carné tiñan dúas opcións, ben agardar a cumprir os trinta anos de idade, ou ir a Falanxe a matricularse, e facer o que era normativo, unha canastilla, logo estudar o material que daban para pasar un examen, Ana dirixese a Falanxe preparase para facer o examen sen deixar de traballar na súa angueira, xunto con outras moitas rapazas nesa mesma inquedanza , acode ó adiado día para o examen, agardando a seren alugadas falan entre elas moi polo baixiño o fastío que era ter que pasar as mulleres por un examen para acadar ese fin cando os homes o viñan facendo libremente, rematado o examen ó cabo duns días acada a arela desexada coa nota de 8,9. Non lle é preciso amosar na academia de autoescola o certificado acadado, porque xustamente nesas datas Franco falece.
A meirande das súas amizades, compañeiras polos ensinos que Ana pasou véñen arranxando carreiras universitarias, Ana arrepentida de non seguir cos estudos, matriculase por tres empostas para seguir, e nun tempo sen présas acadar unha carreira universitaria. Novamente circunstancias adversas, fan que desanimada non acuda á segunda clase nunha primeira vez, e á primeira nas outras dúas. Consciente de que os azos non lle abondaban, segue coa angueira de rexer no seu taller ata os 29 anos de idade, en que casa, trocando cidade pola aldea. De novo Ana avézase nas tarefas propias da aldea (moi alleas a ela) e arranxa nelas, pare unha meniña, ledicia da súa vida, arranxando nos labores, criando na súa meniña, mantén a súa gran ilusión de un día cando a súa meniña xa sendo moza e non precise do seu abeiro, adicarse de cheo a unha tenda (en propiedade) de modas, na cidade de Lugo.
Enferma tendo a súa filla dez anos de idade, doenza confundida coa depresión, pasados catro anos moi bravos de vértixes, acádase saber ca eiva vén das vértixes por mor do oido interno, Síndrome de Meniere, malia daquela, Ana xa mergulla na depresión e tenta en saír do foxo, cos anos sae dese escuro foxo, para elo estíñase a varios cravos, o de facer colares (sempre sentada por medo a caer, e sentada chega a caer ó solo), sortellas, pendentes de doíñas de cristal, cansa de facer nesa tarefa, entreténse deseñando, debuxando faces expresivas.
Logo máis tarde, escribe o que moito lle gusta, poemas en castelán, á súa filla non lle gustan os poemas, dille que escriba en galego. Ana sendo neta e filla de labregos oíndo falar o enxebre idioma no lar, non domina ben o idioma da súa terra e dos seus devanceiros, polo que aí comeza unha gran ansia por ir aprendendo a gramática galega, o que fai que se entreteña e ás veces se esqueza da pena da súa eiva, compañeira de por vida as vértixes.
O seu primeiro poema foi publicado no xornal El Progreso de Lugo titulado "¡ANXELIÑOS DOS LABREGOS!" máis tarde poemas no devandito xornal ó sempre querido e lembrado o crego Antonio Gandoi, uníndoa a amizade a el tenta de animalo cos poemas xa estando el enfermo de gravidade, asinado ó pé do poema só co nome sen enderezo, adícalle o seu último adeus nun poema publicado Im Memoriam "ALFAIA DE LUGO". Neste dito xornal escribe varios artigos que lle son publicados, o seu primeiro recital o fai por si mesma co parabén do párroco da igrexia de Saavedra, Begonte, Lugo, recítalle sentada nunha cadeira no altar un poema á Virxe dos Milagres á que se ofrece de por vida. Máis tarde colabora na revista do Excmo. Concello de Lugo Xistral, co poema "SE TI SOUBERAS.......", o seguinte ano co poema "DÁME A TÚA MAN", máis tarde co poema "PAUPÉRRIMA DE AMOR" no ano en que estamos sairá o poema na próxima edición. Os seus poemas ilustrados veñen sendo difundidos por Galicia Dixital no apartado opinión.
Ana segue aínda cunha loita interna, a de afastarse do medo a caer, cando se atopa queda e ergueita, e prega a Deus verse libre dese medo que tanto a ten a el presa.