Álvaro Domínguez (Pontevedra, 1986), VII Premio Fundación Xosé Neira Vilas de novela curta pola súa obra Cristais rotos (Edicións Embora, 2023). Despois de publicar relatos curtos en portais dixitais como Amateurs Hotel, publica no medio impreso en castelán formando parte da antoloxía Lo que no se dice da editorial Dos Bigotes e a súa primeira novela Veintitantos problemas (Tandaia, 2017). Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017 convocado pola revista Eñe. O ano 2019 participa na antoloxía da editorial Dos Bigotes Asalto a Oz. Antología de relatos de la nueva narrativa queer. Despois de cursar o Máster de Edición Universidad Autónoma de Madrid-Taller de Libros traballou no mundo editorial en calidade de lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. Historiador da Arte de formación, na actualidade dedícase ao ensino.
[Xullo, 2024]