Alfonso Magariños Sueiro licenciouse en Xeografía e Historia (Universidade de Santiago de Compostela), en Ciencias Sociais (Universidade de Santo Tomás-Roma) e en Teoloxía (Universidade de Santo Tomás-Roma). Desempeñou os cargos de profesor de Socioloxía na Escola Universitaria de Relacións Laborais (EURL, Vigo) e de Xeografía e Historia nos Institutos Politécnico de Vigo, A Guarda, Marín (Chan do Monte), A Guía (Vigo) e Mos.
Simultaneou o seu labor docente coa investigación histórica e sociolóxica, da que son froito os diversos ensaios publicados. Tamén colaborou ocasionalmente na prensa, nalgunha época bastante intensamente. Naceu na parroquia de Arcos de Furcos (Cuntis) e, desde 1971, residiu a maior parte do tempo en Vigo.