Alba
Rozas

Naceu en Lalín, en 1988. É editora, investigadora, escritora e docente. Licenciuouse en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2020 defendeu a súa tese Fragmentos de Apocalipsis como ficción espacial: la condición contrafactual de Villasanta de la Estrella. Un análisis desde la cartografía literaria. Forma parte do podcast galego Baleiro Perfecto de fantasía e sci-fi. En 2022 fundou Boadicea Editora xunto con José Manuel Dopazo e Marcos López, unha editorial de fantasía, ciencia ficción e terror en galego. Publicou o relato ‘A dama do corazón negro’ (A rebelión de Prometeo. Contos Estraños, 2017) e o libro A caída de Guiomar (Contos Estraños, 2020, Boadicea Editora, 2022) que inauguran o xénero da fantasía épica galega. Tamén é a autora dos relatos ‘Costureiriña cosida’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Fundación Vicente Risco, 2020), ‘A culpa é das sereas’ (Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu, 3, 2021), ‘Alí quedou, coa cabeza nun bidón’ (Revista Inviable, 15, 2021), ‘Tomasa Bárbara’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o segador. Fundación Vicente Risco, 2021), ‘Mamá Florinda’ (Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu, 5, 2023) e ‘Catro mozas mariñeiras…’ (Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu, 6, 2024). E coautora, xunto con José Manuel Dopazo, dos álbums infantís O biosbardo e os paxaros sen cor (Boadicea, 2022), O tesouro do caranguexo (Boadicea, 2023) e O androide Simón (Boadicea, 2024). A súa última novela publicada é Lapislázuli. O regreso das superguerreiras (Boadicea, 2024), na liña da fantasía épica de Robert E. Howard, do sentai de Akira Toriyama e do maho shojo de Naoko Takeuchi.

[Maio, 2024]