Agustín
Agra Barreiro

Noia, 1966

Licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario Cotarelo Valledor de Vilaxóan.

Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No ano 2004, gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con "Os límites do inimaxinable", obtendo, así mesmo, o primeiro accésit da edición de 2005 con "Na Caeira".

[Agosto, 2010]