Do 1 de setembro de 2021 ao 31 de decembro de 2021
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña

Os Paseos literarios son unha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía poida gozar persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

En 2021, a AELG continuou promovendo a elaboración textual de varios Paseos literarios que se desenvolveron anteriormente na provincia da Coruña, permitindo que todas aquelas persoas que non puideron estar presentes no paseo físico poidan acceder libremente ao traballo realizado polas autoras e autores.

Os Paseos recollidos neste desenvolvemento da iniciativa orixinal son os seguintes:

- Compostela, crisol e testemuña, de Marta Dacosta.

- Paseos no Planetario, pegadas na tinta, de Estíbaliz Espinosa.

- Enxergar a croa da Cidade Vella coruñesa, de Felipe Senén.

As mulleres-xanela da miña infancia no Barrio de Beiramar, de Beatriz Maceda Abeleira.

- As voces baixas de Elviña, de Eli Ríos.

- Os elefantes en Compostela, de Antón Riveiro Coello.

-  A Coruña: un posible roteiro rosaliano?, de Xavier Seoane.

- Os nenos da varíola, de María Solar.