A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu adicar a III Edición da Homenaxe "Os Bos e Xenerosos" ao proxecto ¡Ponte nas Ondas!, unha xornada de radio elaborada polos alumnos e alumnas de máis de 40 centros educativos de Galiza e o Norte de Portugal, coordenados por profesores/as, coa finalidade de establecer unha ponte de comunicación internacional entre os profesionais e adolescentes das dúas beiras do Miño e doutras fronteiras.
A Homenaxe Os Bos e Xenerosos é un acto de estudo e recoñecemento anual arredor da figura dun escritor ou colectivo que, grazas a unha prolongada actividade de intervención social, contribuíse, de xeito significativo, a unha maior difusión pública da cultura galega; esta homenaxe pretende destacar, polo tanto, o compromiso ético coa cultura de Galiza. Foron protagonistas desta homenaxe, na súa I e II edición, Avelino Pousa Antelo e a institución do Museo do Pobo Galego respectivamente.
Desde hai varios anos, os programas están relacionados coa presentación á UNESCO da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués; por ese motivo, o alumnado elabora traballos nos que recupera, estuda e clasifica o noso patrimonio inmaterial, co obxecto de sensibilizar e concienciar no respeto aos valores de solidariedade, participación, comunicación e conservación do patrimonio.
Intervencións no Acto de Homenaxe.
Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da Aelg (Texto lido por Mercedes Queixas Zas)
X.M. González Reboredo, da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, Laudatio.
Santiago Veloso, Coordinador de Ponte... nas ondas!, Resposta á Laudatio.
Fotografías da xornada da Homenaxe (presentación de Power Point)