Co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo
Foto da actividade

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestras/es da Memoria 2026 respectivamente a Yolanda Díaz Gallego e Xulio do Canelo, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.

As distincións entregáronse no marco da XI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, celebrada en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, que tivo lugar o 23 de outubro, na sala expositiva da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), a partir das 18:00 horas, con entrada libre até completar capacidade.

No acto, que foi conducido por Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antonio Reigosa, quen leu a laudatio de Xulio do Canelo, e Lucía Arroxo, quen fixo o proprio coa laudatio de Yolanda Díaz Gallego.

A actividade contou tamén co acompañamento musical de Secho.