XXXV
-Ao pintor de Cangas Antón Nores, in memoriam
Como Dalí se viste
No surreal e rouba o soño de Paul Èluard
Nesa hora atenta, Antonio,
O noso pintor axexa o imperfecto no solpor
E anuncia o fraude espido
No baño onde a íntima macieza por onde Gala
Comprime e repulsa o inútil
É o segredo para o cuarto dos monecos, apenas
Submetidos nunha danza, insectos transmudados
Que agardan o pracer
De seren testemuñas na primeira vez oculta
Entre o moucho e a muller
Que na espiral provoca o éxtase e un labio profana