AFIADOR DA BRÉTEMA
Que vas polos camiños converxentes da saudade
Cun bocado de paxaro na boca:
Levíta-me no espacio e na mensura,
di-me da voz da aurora e do solpor, di-me do frío
da navalla no duodeno do esmiril.
Cónta-me das risas, de enguedellos, maldicer
De meigas na premonición dos sapos.
Afía-me de Amor
Ao quente do sol, na praza
Exagonal da cidá vella,
Coma se fose en Cuzco ou en Venezia
A moza inquisidora do teu paso en rotativa
No cilindro dos decámetros.