31
Que terán de segredo as carballeiras
Pra resistir cen anos cada outono.
Sempre foron xigantes na xanela,
Como aqueles homes do espido corpo
Que acenaban ao lonxe, sabedores
Dun pasado baril, daquel bon Xordo.
Pois que terán que sempre que as ollamos
Estamos a lembrar o noso pobo.