Centro de Documentación da AELG
2 poemas inéditos - Terras de cinza (escrito con motivo dos incendios de 2006)
Seoane, Xavier

Agosto-2006

 

Cando a terra descanse
de tanta crueldade,
que quedará?


Sobre os ríos de cinza,
sobre os campos queimados,
que alba se alzará?


Hai un sátiro que ri,
desde as sombras,
das nosas desgrazas.


Vendo arder a inocencia
do mundo,
o seu rencor está salvado.


Que non haxa mañá
é a súa esperanza.


Que as mans collan cinza
das sementes do ar.