¿É QUE OS POETAS GALEGOS SÓ PENSAN NO SEXO?
SI VIVAS NUNHA EPOCA INTERESANTE", dicían os chineses para maldicir a alguén. Sobre esta, a chamada sociedade do espectáculo, no corredor do século XXI, a nova xeración de poetas galegos, os "novísimos", fartos de política, din querer escribir "palabras verdadeiras": temáticas en verso, tamén como signo indubidable de que algo non está, pero que antes ou despois pode ocorrer: un síntoma, unha poética, como xeito de enfrontarse á sociedade: ¿acaso os poetas novos só pensan hoxe en follar?
Sorrisos, silencios e contundencia danlle forma a unha resposta en negativo que os homes e as mulleres do versos deron para a rEVISTA DAS lETRAS. As propostas e innovacions -aínda por sondar- concernen a un sensible devïr das poéticas onde o erotismo e a pornografía non son, segundo Rafa Villar, nin o máis interesante nin só o que existe, aínda que sexa o máis explotado polas editores".
Para Xosé María Alvarez Cáccamo "como pasaba nos oitenta, a poesia máis última é moi variada cun abano de poetas da experiencia, de vea política ou irracio nalista, no que o máis novidoso é o acento conversacional, centrado no cotián e onde o erotismo é o máis importante".
O autor de Cadernos da ira -un poemario de "paixón política", como o definiu o escritor chairego Manuel María- vencella o compromiso co erotismo "sempre que o erotismo sexa progresista e liberado co corpo" e ve na "entrega dos novos poetas as causas da humanidade" un xeito de ser comprometidos na poesía.
Alvarez Cáccamo, fóra de patrimonialismos xeracionais, afonda no compromiso como unha "actitude política necesaria" que funde nos seus versos porque forma parte da súa vida íntima. "Está florecendo a voz política" afirma logo dunha pulsión persoal sobre a sociedade á que ve "repolitizándose": "Hai que ter en conta que os poetas máis novos están empezando e non tiveron ocasión de manifestar actitudes polítícas na súa obra; nalgún momento o farán". Antes, durante a conversa, recuncou no traballo poético de autores da denominada xeración dos oitenta, como Pexegueiro, Fernán-Vello, Baixeras e mesmo de Antón Rodríguez López que el coloca "a cabalo entre os 80 e 90" e cualifica de "poeta do compromiso". Esta mesma actitude rebelde do autor de Pronomes advírtea Cáccamo sobre algún dos máis novos: os versos eróticos de Lupe Gómez, Olga Novo, Emma Couceiro ou Rafa Villar.
Sempre coa excepción obrigada que implican as xeneralidades perversas, Lois Diéguez cre que no panorama poético dos máis novos hai distintas disxuntivas: "unha preocupación excesiva polo formalismo e unha busca de novas formas que non calla". O escritor monfortino condena "os que ven a forma como un fin en si mesmo e non un medio" e ós que "levan o intimismo ata extremos absolutas". Deles preocúpalle "o mimetismo" e a "falta de personalidade" polo que, afirma, "non transcenderán á historia".
O autor de Henriqueta na galería, entendendo o compromiso como a coherencia de estar nun tempo e nun país, insiste en que en Galicia o "complexo e o mimetismo" son terribles: "Se a literatura debe estar presente na sociedade, iso non está sendo", engade sen deixar de denunciar "baches tremendos" e a "fuxida da nosa tradición".
No ritmo do debate, calquera lector podería preguntarse se a evocación poética amorosa do movemento dos noventa non é, tamén, comprometida. Manuel María non ten dúbidas sobre iso ó asegurar que "a poesia é toda ela compromiso" e reconduce á "preguiza mental de sempre" ós que só asocian o compromiso cos versos de intención política (ri con sarcasmo ó comparar a idea con expresións como "o valeroso militar, o inspirado poeta ou a bela señorita"). A idea é para Lois Diéguez atinada pero "parcial".
Lupe Gómez nen cre que os poetas novos só pensen en follar: "No caso das mulleres, creo que a represión do sexo é a primeira des represións. Dela veñen todas. É a pulsión básica, o que nos roubaron, a cultura da aldea", afirma nada máis sentar diante dun café ra diografando a poesia como un ámbito de sinceridade: "Dis cousas que non as manifestarías, por iso falas de sexo e amor".
A poeta de Fisteus-1972 escandalizou polos seus dous títulos: Pornografía e Os teus dedos na miña braga con regra pero non lle importa porque "falar do sexo con naturalidade é necerario". Confesa que quizais "estamos narcotizados ou atontados e alienados polo poder" pero sàbese `dicidora' de verdade, da súa e dos seus amores: Como Galiza: Galiza non son imaxes. Son restos ou como a liberdade de expresión: Cada vez tremo máis ao abrir os xornais e só podo soñar se abro moitísimo as portas.... "Aínda que digan que non, creo que os novos fan escrita do compromiso", resume, mentres recorda os versos de sexo telúrico de Olga Novo ou a familiaridade da aldea en Estevo Creus (Cee,1971). A Lupe Gómez fíxolle escribir poesia Luísa Castro (unha muller que con só un poemario escrito en galego influíu decididamente en boa parte dos novos poetas). Implicada co xénero apunta que a poesia social e reivindicativa "non ten sentido porque o contexto social e político tamén é diferente". Ela busca os recitais porque "un recital espido coa palabra e a xente é coma un encontro sexual e pornográfico" mantén mentres, ó fío, Rafa Villar advirte que en calquera caso, unha marca dos poetas dos noventa é precisamente "o traballo de difusión da poesía". O poeta, que se autodefine do intimismo e a escrita social, incide nesa reactivación "coa creación de colectivos e asociacións de escritores e escritoras" e, á contra, informa da individualización da estéticas.
(Na edición colectiva do Batallón literario da Costa da Morte Mar por Medio escribe: "Porque somos tan de medo, tan acabados de vencer, fechamos portas e convocamos o silencio a golpes de campà como o recordo do lume baleirándonos, escarvándonos, se cadra sucumbíndonos, pero sempre a golpes de campá (...)" ). "Non hai manifestos de compromiso estético. Os tempos non van por aí. No terreo ético, cada un comprométese como persoa", subliña ests promotor da colección Letras de Cal que, o mesmo que Lupe Gómez ou Eduardo Estévez, asegura que: "non se pode entender o compromiso como hai vints anos. Non estamos coa cultura do panfleto e non se arranxa todo cun Nós". Para Rafa Villar (Cee,1968), autor de Casa ou Sombra, non existe un exceso de intimismo e palpa na poesia unha maior "democratización": "os fillos dos traballadores tamén escribimos" di, alto, ó tempo que trae a colación o traballo poético de Sechu Sende, "implicado nas letras cun intento de ruptura social".
A referencia arranca da comparación entre xéneros e a sua confrortación ante os que pensen que a escrita da muller é máis comprometida. "O compromiso co xénero é algo que só eles tocan, pero para moitas é o seu único compromiso", aclara Rafa Villar. A discusión vívese dun xeito moi diferente e na réplica Lupe Gómez apunta que "o home reacciona cun pouco de medo a que falemos tan alto e que digamos cousas tan desgarradas" . Para ela prodúcese un "desencontro" dos xéneros' na poétiça e atende á irrupción das mulleres para darlle outra nota característica á poesia dos noventa.
Lois Diéguez remarca a liña e contextualiza cun "elas en xeral son máis sensibles e déixanse marcar menos polas modas", a necesidade de que o, ego poético viva no mundo: "a súa é unha poesia máis vital que incide no colectivo". Coma unha nota a pé de páxina, Xosé Maria Álvarez Cáccamo rescata a transcendencia do acto poético e do artista en xeral que cando dá a coñecer a obra quere que sexa un "ben comunal e universal".
Arrancando do Setembro (1998) de Marta Dacosta (Vigo ,1966) tamén Manuel María, sen entrar en comparacións, exernplifica a literatura feminina como de compromiso: "as de Dacosta son letras abertas a toda a vida", asegura.
"Nai pariume á humidade de setembro
cunha marca de sangue
e un instante de luz.
O mar atravesou un berro na distancia
sobre a chuvia que viña
en corpo de salitre.
(de Marta Dacosta en Setembro). María Xosé Queizán levs anos no combate de letras. "A poesía nos últimos anos ten un xénero que é o feminino onde hai un compromiso coa reivindicación e o compromiso da muller" di, firme, sen deixar de facer unha defensa do amor que, para ela, "segue sendo revolucionario máis aínda cando atravesa malos tempos". A autora de Despertar das amantes incide na renovación do concepto -que as muileres deixen de configurarse obxecto amoroso- e bota de menos análises intertextuais que conducirían a valoracións diferentes ás que se perciben a simple vista. Refírese Maria Xosé Queizán a dificultade de demostrar o compromiso dende a escrita e a verdade e como un individuo, que forma parte da sociedade, comprométese con ela falando de sexo. Aínda máis sorri a esgalla-: "Nen penso que os poetas novos só pensen en follar, cando nesta sociedade se folla tan pouco". O seu é cando fundir corpo e palabra se converten nun acto subversivo: "Para acollerte no meu ser non teño que baleirarme de min" (de Cabida en Despertar das Amantes, 1993). Son as emocións políticas dende o discurso de muller. Escribe Olga Novo (Vilarmao-Pobra do Brollón,1975):
"Nós Nus
e cando mordo
de amor
furiosamente
os seus cus
nas centeeiras
inzámonos trasmundos
en lucerías
nós
nus".
Lupe Gómez séntese máis libre para escribir ó non ter militancias marcadas, aínda que non nega que os seus sexan uns versos "militantes'' Considera que "ser tan social" pode lastrar a creación: "é coma un peso que tes. Sen militancias pesan menos as palabras e o que dis é máis espontáneo". Tamén, parafraseando a liberdade, Eduardo Estévez, autor de Lúa Gris, entende, sen vacilacións, que "é necesario que cada un faga o que, quere e é bo que non sexa imprescindible unha poesia social". Para Estévez non se trata de conformismos, senón que, simplemente "non estamos tan mal". Unha expresión á que Xosé Maria Alvarez Càccamo pon un toque de atención, advertindo que "na chamada sociedade do benestar, un non pode baixar moito a garda porque aí estan o incremento no número de pobres, o capitalismo salvaxe ou a censura indiscutible". Estévez suma como característica dos novos poetas que "cada un móvese coas súas propias necesidades; é libre para escribrir como Ile sae e non integrarse en grupos, movementos ou colectivos poéticos coma a comezos de século".
Descanonizada a poesia, para o escritor de Lúa Gris, a reinvindicación do erotismo, des relacións formuladas doutro xeito, é un compromiso que rïon ten nada que ver co do setenta. Este poeta, que se confesa corro "non comprometido", é tamén un dos autores que cuestiona con máis belixerancia a denominación de "xeración dos noventa" xa que, "o único elemento que se pode leventar é o de sacar os libros nun momento determinado". "Cada un escribe dende as súas propias necesidades, máis que coma un proxecto colectivo" advirte afondando nas diferenciacións.
Estévez séntese máis cerca de Luísa Castro ou Xela Arias que de coetáneas súas, como Iolanda Castaño (Santiago...