Todo
estaba pronto. Xurxo convidou a Pere Xil a sentar nun escano diante da
mesa da cocía. Enriba dela había unha botella dun licor dunha color
vermella e dúas alfergas coas que se ía tomar aquello.
Quero que mentres femos a primeira proba explicou o home podamos portarnos civilizadamente. Na mía casa temos o costume de que cuando hai un hóspede, é mester tratalo muito ben, para se sentir igual ou mellor que na súa propia casa. Évos un costume mui sao e agradable ese voso opinou o trasno, mais non quererás emborracharme con esa botella, non si? E lougo, como ía con estos vasíos de alferga? Teis razón... Tu teis que saber beber máis que cualquera humano dixo en ton adulón o campesín mentres lle botaba unhas pingas na alferga. Cata este licor de arandos. Fémolo aquí na casa. O trasno catou nel e sóubolle a gloria, todo doce, aínda que tía unha carga de alcol ben grande. Un pouco máis? ofreceu inocente Xurxo. Está ben... O trasno, hai que dicilo, malia as súas farrucadas, non estaba afeito ao alcol. Sen se decatar, foi baleirando a botella de licor mentres el e Xurxo falaban de fateces. Finalmente, o trasno, cuando ían polo medio da botella, dixo: Menos parola... vouche fer a pregunta do enigma. Pois veña, fai, fai... A ver, que cousa é que mingua e medra, que medra e mingua, que cuando medra pon medo e cuando mingua pon pena? Xurxo non tía nin idea do que era. Mais non desesperou por eso, simplemente dixo: Hei pensalo, hei pensalo... Entrementres imos tomar outro grolo de licor. E tras daquel grolo, seguiu outro e outro, e tras da primeira botella seguiu a segunda. O trasno estaba tan bébedo que as súas orellas en punta caíanlle para fóra e o nariz estáballe rubio como un pemento maduro. Mais Xurxo case non catara o licor, por eso, cuando xa decatou de que o trasno estaba fóra de xogo, díxolle: Muito enigma, muito enigma, e penso que nin tu mesmo sabes a solución del. Que non cho sei? dixo o trasno todo molesto. Aiou, claro que o sei. Cual é, lougo? Carape, a lúa... Xurxo sorriu. Xa lle sacara a resposta. Despois comentou ao trasno. Penso que deberías durmir un pouco. Mañá continuamos. Si, si... vai ben. E o trasno deixou caer a súa cabeza enriba da mesa e adormeceu alí mesmo. Ao outro día, o trasno non se recordaba do que sucedera a noite anterior. Tía unha enxaqueca que podería tombar tres cabalos. Trasno dixo Xurxo, como xa é de día, heiche dar a solución ao tou enigma. Eh? A solución ao que me propoías onte é a lúa. Cuando o trasno escuitou a solución da súa adivía, largou un laído espantoso e meteuse polo furado do chao que daba á súa galería. Antes de marchar aínda dixo: Volverei! Volverei esta noite para a segunda proba! E daquela perderás! Xurxo quedou todo tranquilo. Saliu da casa e foi ao poleiro para dar de comer ás galías. Cuando chegou a noite, xusto tan pronto como a lúa estevo por riba do crume da casa, o trasno apareceu na cocía do labrego. Estaba de mui mal humor porque sospeitaba que o home home lle fixera algunha trapalla, mais non ía dicir gota porque el era un trapalleiro dos máis grandes e non ía recoñecer na vida que o enganaran. A ver, imos xogar esa partida de cartas dixo case gruñindo. Evidentemente, o trasno pensaba que gañaría sen dificultade porque era o mellor xogador de cartas do mundo subterráneo. Está ben, sentemos propuxo Xurxo. Espera detévolo o trasno. Pere Xil examinou o sito: a mesa, o escano, o chao, a baralla e ata as roupas todas de Xurxo. Non deu atopado nada sospeitoso. Eu sentarei ao carón da xanela e tu frente a min dixo Xurxo. O trasno sospeitou que alí estaba a trapalla. Non, será xusto ao revés. Como queiras. Efectivamente, a trapalla estaba alí, mais non como sospeitaba o trasno, porque o que quería o labrego era que Pere Xil sentase xunto á ventá, mais dixéralle o contrario do que quería para que o trasno picase como un necio. Desa maneira, o vidro da ventá espellaría as cartas do trasno e Xurxo podería velas. Para eso, mandara á súa dona pechar as contras tan pronto como o trasno sentara, de maneira que as ventás actuaban como un espello. Xurxo ao primeiro, deixouse gañar para o trasno se confiar. Tanto foi así que Pere Xil dixo: Como vou gañar sen problemas, non farei trampa ningunha, palabra de trasno. Mais axina o rumo da partida mudou. Xurxo comezou a gañar unha e outra mao, até que á fin da noite, xa ao riscar o día, cantou o galón. Rematou anunciou Xurxo. Como é posible? O home encolleu os ombreiros. Gracias á artimaña da ventá, sempre soubo as cartas que levaba o trasno na mao. Pere Xil botou algúns segundos en se recuperar da sorpresa, mais cuando o fexo, largou tal chío que rompeu os vidros de todos as xanelas da casa, as pitas non puxeron ovos durante tres semanas e as vacas perderon o leite durante dous días. Antes de marchar, o trasno dixo: Volverei dentro dunha semana. Voume adestrar en movementos veloces. Daquela regresarei e a casa será mía. E liscou. Xurxo quedou a ollar para o furado e pensou que talvez non o taparía cuando botase de alí ao trasno. Era un bon sito para botar o lixo. |