Cincuenta
anos atrás, Pere Xil tía máis ou menos o mesmo aspecto que agora. Os
trasnos viven varios séculos, de maneira que esos cincuenta anos para
elos eran como uns poucos anos para os humanos.
Daquela o trasno non vivía nas galerías nas que estaba cuando se cruzou con Xullán, mais noutras á beira dun souto precioso sobre o río do Ouro. Desde alí, cerca da aldea de Bustarel, lanzaba os sous ataques sobre os humanos cuando tía gracia o cual acontecía con muita frecuencia en determinadas épocas do ano. Mais a súa paz rematou cuando un bon día un aldeao mandou tirar os primeiros castañeiros do souto e mandou erguer, ao pé do bosque, unha preciosa casa de madeira. Cuando a deu feita, encheu a súa propiedade de vacas, pitas e cochos. O trasno non chegou a se enteirar de nada ata despois do inverno, porque o pobrín se pasara cinco meses hibernando como os osos era ben folgazán, todo hai que o dicir. Cuando espertou na súa galería subterránea que era o sou lar, quixo salir á superficie para respirar ar fresco, mais cual foi a súa sorpresa cuando descubriu que xusto na porta había unha traba inmensa de madeira que lle impedía o paso. Colleu o sou martelo de diamente, a ferramenta afuradora de todo trasno, e traspasou a traba de madeira. Saliu á cocía da vivenda e alí se atopou cun paisano enxuito e redrollo, que era o avolo de Xullán. Que quen é Xullán? Seguide a ler e veredes. Como salira sen mirar, o trasno aparecera ao carón da lareira. O pobre case queima as orellas co lume, mais tevo sorte porque o fougo estaba mui baxo. O labrego chamábase Xurxo e axina reparou naquel ser que tía diante del. Como muitos anos despois o sou neto, soubo que se trataba dun trasno pese a non ter visto ningún na súa vida, mais era evidente por mor daquelas orellas en punta, aquel focín alongado e a súa baixa estatura. Pere Xil, nun ton nada amable de feito os trasnos non adoitan ser amables, espetou ao amo da casa: Xa estás quitando esta casa de aquí porque os terreos sobre os que está construída son meus... Xurxo non podía dar creto ao que estaba escuitando. Parou o sou labor e achegouse uns pasos cara o trasno, que era case da súa mesma estatura. Como queres que quite de aquí a casa con todo o dieiro que me custou levantala e todo o esforzo que pasei? Amais, a mía dona está encinta e imos ter o noso primeiro fillo. A min non me contes lerias respondeu groseiramente o trasno. Estas terras son mías desde hai tres séculos e pico non estaba mui seguro porque, para botar contas, o trasno era un desastre, de modo que xa estás desmontando a túa casoupa e marchando por onde viche... Non podo. Que non? Nese momento, o trasno chascou os didos. De seguida, as vacas todas da corte de ao lado puxéronse a cacarexar como pitas choucras. Xurxo percibiu que non podía luitar contra o trasno coas súas maos. Era un ser poderoso e seguramente ruín, que non se detería ante nada e ante ninguén con tal de volar no que quería. Daquela recordou o que lle dixera tantas veces a súa avola, cuando el era aínda un cativo e o remexían no ran á hora de durmir: "A única maneira de vencer un trasno é co enxeño". A sabedoría daquela avola féxose eco na mente do labrego. Rapidamente véronlle á cabeza tres ideas coas que estaba certo de poder vencer o trasno. Trasno díxolle o labrego, propóñoche un reto. O trasno aguzou as orellas e detevo o rebumbio das vacas cacarexantes cun novo chasquido dos didos. Fala esixiu con interese, porque os trasnos son mui soberbos e crense quen de gañaren en calquera desafío que se lles poña polo medio. Propóñoche tres probas. Quen venza nas tres, queda co terrén e o outro hase comprometer a marchar sen gurgutar. Que probas son esas? A primeira consiste en que eu adivíe un enigma que tu propoñas; a segunda, que xoguemos unha partida de cartas a cinco maos; a terceira e última, que eu seña capaz de faer os memos movementos que tu, exactamente iguais, durante ao menos cinco minutos. O trasno non puido evitar que se lle escapase un sorriso de orella a orella. Estaba máis que convencido de que gañaría e, por riba, ía pasalo muito ben á costa daquel homín. Acepto dixo á fin o trasno e largou tal ouveo que fexo fuxir espantados a cuatro lobos famentos que andaban cerca de alí á procura dunha presa para a cea. |