Teoría do coñecemento -
19.
Vaqueiro, Vítor
v2vitorvaqueiroteoriaconecemento006.html
19 |
Nos comezos o
deus apresentábase como idea emanada da xeografía ou
das forzas telúricas: montaña ardente, terramoto, vento
irascíbel, brétema ou prodixio. Despois, baixo a
fasquía de noción abstracta: Bondade, Temperanza,
Rectitude, Xustiza. Por derradeiro, como ente de xorne
microscópico -onda, ponto, corpúsculo-, ou simbólico
-etzet, alef, omega- porque o deus se manifesta na pureza
do signo somentes nos instantes limiares da súa
expiración: o cisne é a súa metáfora. |