Editorial Kalandraka. Un conto rimado no que se describe, por dentro e por fóra, ao divertido e
especial Mago Goma; un mago que, aínda que pareza que toleou, en realidade,
está de volta do mundo e do único que se preocupa é de facer felices ás
nenas e aos nenos, porque só así é feliz el. Unha gavela de páxinas cheas de
poesía e de humor.