FOI VOLTAR A OUTRO
DIALOGO Quizáis foi no comezo do desexo. Acaso desde xa na pubertade. De escribir noutra xeira a frase doce mentres que afora chove e saboreo ser muller ese feito que me engada. Eu son esa criatura que non poido ser anxo e rematou por ser muller nunha mañán de nebra esfiañada, extranxeira sen patria. E fun na allea, viva dunha aplazada noite cada cando, e vivín as victorias compartidas co sangue meu nos arcos os das vellas, dos soños e as auroras transparentes. Unha ilexible letra secretos devanando. A historia onde existimos. As imaxes, cautivas onde o amor detivo un ademán para ser aire e vida. Lisura en folla seca. Lonxanía de dous. Fantasmas desolados é o que somos. Olleite a face, alleo, eras o vagabundo que espiaba con precisión a escuridade. E caíches en torno da extensión dos páxaros que tornan para o estío, e non atopan a bandada nesa indeleble orela de tanta mar e terra acugulada. NORTE ACADADO Agora que os exilios se acoraron e lonxe brada a multitude impervia polas patrias do além, Norte acadado. Cando sucamos marxes. Fontes puras de ríos isolados e confluen os calados anseos cos metales das vellas cicatrices, e as palabras se nos xunguen libérrimas ós brazos cara outros reinos. Patrias desoladas. Matamos as cruciais ardentías. O cachón daquil pranto. Daquil loito. Da milagre das músicas nas ondas, de incruentas mareas. De inmorrentes luces que no profundo enlenteceron. Quedamos cal arxila de soedade arraigando nas rochas. Entre as illas dos encoros e os símbolos de estrela. Encadeado polo lembradoiro de austros e pervividas bolboretas na queda moradía despoboada. VIVA LUME DO AMOR Amei as albas tolas que nacen no misterio e as albas coma deuses recén nados do pranto. Amei sentirme viva craridade que ofrenda como ser caducante ande os lumes se apagan. Amei o trunfal mundo nunha espallada luz, coma un ser emerxente nas dársenas da tarde. Tento coller o tempo que se me esvai, e fuxo, mais déixame atrapada nas victoriosas tébras. Amo o lume do amor invasor das quimerias, que é doce cando aluma o corazón do inverno Creando novas mundos ande se apalpa a vida, i é coma un sol que abrangue fondísimo, os adentros. ACASO OLLEDES NO MEU FONDO Acaso no meu fondo ollades os idoros xúbilos que se abren nas íntimas fogueiras. Quizáis o gozo meu noutro gozo amañece co sol, con outros ollos irradiándome a luz. Ou alostros loubados para alumarme sempre a pel, a fronte, a voz. Resplandor para os beizos e para as mans acenos de caricia agardada. Quizáis poidera ser revivir outra volta. Ou xurdir doutros días o abraiador engado e abarcar as marés dos solpores e auroras. Sentirme nas florestas agochada de novo, a soas coa soñada primavera da flor e iste meu corazón de corza cramorando. Brasa que non se apaga no meu remol noitebro. Tempo con voz de vida na misteriosa marxe. Doce més para a luz do sangue renacida. Fontela de auga viva e compartidas saivas. SON CEIBE COMO OS PAXAROS Son ceibe nistes anos que arrastran implacables a destrucción de todo e avanzo día a día sobre as dondas raíces que me pulen por dentro. Síntome ceibe. Aza de anduriña buscando as raíces da vida e os vesticios do sangue que se enfría habitándome neste aniquilamento que con presa me fire. Mais sigo a ser aínda o colíbri e a lume que persiste en soedade polas longas sabáns: (Escoitándo voar a música dos Tempos). Polos sulcos da pel con anelos de ferro e a inestinguible luz que vencida me rolda. Amei a liberdade con fulgurante amor. Quizáis aleivosía de saberme ceibada, e saberme morrente coa beleza do mundo dentro de mín, cinguíndome, erguéndome, ata o final coágulo do sangue que me leva. Ata un certo destino da miña soa historia. AQUELA LUZ DOS BEIZOS Aquí tomaron forma os meus beizos. Na luz dun posible universo ou predio alucinado. Nos beizos anainados por as aves do amor, arredor do meu verbo. Bitácora dun norte de fervor, landra dura i espesos aciñais voz de tenra cantiga e das miñas verdades. O traveso da hora que entebrece o solpor, a que acende o soñar e dorme ó ribeirio. (Acaso frente a un norte de cinias e diamelas). Onde a flor lembradoira que os ventíos abalan, seos nús onde nadan estrelas e perseidas, e o día prende as pombas ó pombar do rocío. NA SOMBRIZA NOITE Cando de sombras na sombriza noite co alubión do augaceiro e das garúas me tapan un luceiro nas fronteiras dun aire de altas rollos desleixado. Os paxaros nas pedras e os tellados acadan duro feíto para o sono, e óllanse nos espellos do augarío co estrépito dos chíos. Ledas ondas, do Camurí. Transcenden lapas. Saurios. A íntegra mel da seiva, dos bexucos. E a beleza flamíxera, inviolable me reflexa nos ollos e nos beizos. A presentida e verde arquitectura destaca nos destellos dos solpores, e os aromas da vida se despregan por cóvados purpúreos, entre as sombras. Aínda os soño. Imaxes de elexías a prenderme na vida dos colores, con nísperos, caimitos e astromelias, entre violas, mouranzas e amarelos. |