Centro de Documentación da AELG
Tempo en desuso - Polo labirinto dos soños
Patiño, Olga

Polo labirinto dos soños

 as rúas son azuis, dun azul primitivo.

 Os séculos seducen sen perspectiva de cansanzo,

 metáfora ondulante que envolve

 o tránsito de tecer a supervivencia.

Polo labirinto dos soños

a intuición tórnase certeza,

e o fulgor da insubordinación

bébese en copa de cristal

sen desacougo.

Polo labirinto dos soños

mergúllaste nas ondas adelgazadas de salitre

onde a conciencia alerta

é todo

agás o neboeiro dun naufraxio.

Polo labirinto dos soños