Estamos diante dun tesouro, nunha terra na que tanto abundan as lendas que nos contan que debaixo de cada pedra, de cada mámoa, hai un tesouro. De repente, cando xorde un libro coma este é como se aparecera un mapa de tesouros, pero tesouros reais que non son invencións. Descubrimos que cada parroquia ten a súa pequena catedral, que os cruceiros son auténticas xoias de arquitectura. É unha revelación que nos fai para todos nós Xosé María Lema. Ter un inventario do patrimonio artístico é tanto ter un instrumento futurista, posque sempre hai unha correspondencia de benestar nos pobos entre aqueles que valoran os seus tesouros artísticos e a súa arte popular e mesmo a súa propia construcción e arquitectura. Os tres quilos que pesan os tres tomos son outros tres quilos de ouro de lei.