Artigo sobre curso "Análise das desigualdades na Literatura Infantil e Xuvenil'",impartidolos autores(*)
L. Maceiras (1) / A. Segovia (2)
INTRODUCCIÓN
Cando nos solicitaron a organización dun curso de formación de formadores, para un grupo de trinta profesoras e profesores, sobre Educación para a Saúde na Escola e nos pediron un tema orixinal..., démoslle voltas á Promoción da Saúde, como caixón de xastre dentro do que está metida a Educación para a Saúde, e decidimos entrarlle á 'reducción das desigualdades en saúde, non en sanidade, senón na expresión cotiá da vida saudable, tanto a nivel persoal como social.
Partimos dunha base: para conseguir esta reducción, hai que diminuír tódalas desigualdades: sociais, culturais, étnicas, económicas, de accesibilidade ós bens e servicios, etc., así elevarase a calidade e o nivel de vida, aumentando con eles a saúde, sen necesidade de incrementa-lo que é estrictamente o coidado sanitario, nin depender continuamente de fármacos. Non sempre uns bos servicios sanitarios van acompañados dunha boa saúde para toda a poboación.
Optamos por centrarnos nun campo concreto (seguindo a estratexia da OMS: 'Pensade globalmente, actuade localmente') e isto levounos á realización dunha 'Análise das desigualdades na Literatura Infantil e Xuvenil'.
OBXECTIVOS
1. Presenta-lo concepto promoción de saúde.
2. Aprender a identifica-los problemas e conflictos que poden causa-las desigualdades físicas, psíquicas e sociais, e as súas repercusións sobre a saúde.
3. Desenvolve-la capacidade de lectura crítica.
4. Profundizar na análise da transmisión de conductas e de posibles desigualdades por medio da literatura, e a influencia que isto pode ter desde a nenez sobre os comportamentos das persoas, de tal maneira que poida dar lugar a discriminacións.
5. Identificar estratexias de intervención sobre este tipo de desigualdades, desde a Educación para a Saúde, por medio da lectura.
6. Desenvolve-la capacidade comunicativa, tanto escrita como verbal e gráfica, como medio de entendemento entre as persoas.
MÉTODOS
Utilizamos métodos participativos, con:
a) Sesións teóricas dialogadas.
b) Presentación de experiencias.
c) Debates.
d) Traballo de grupos (as persoas asistentes dividíronse en cinco grupos para reflexionar, discutir e expoñer despois as súas ideas e intereses).
e) Talleres de técnicas.
O lema era "¡Sorprender coas actividades!", para logra-la motivación a través delas.
CONTIDOS
Para desenvolve-los nosos obxectivos de identificación de desigualdades partimos:
* Dos dous primeiros artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos:
Artigo 1. Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2. 1. Toda persoa ten tódolos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio do que dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación
de soberanía.
* E doutros dous artigos da Constitución Española:
Artigo 14. Os españois son iguais diante da lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Artigo 16. 2. Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.
RECURSOS
Para traballar esta temática cotidianamente con nenos e xoves, deben utilizarse os libros que len habitualmente eles, así que elaborámo-la nosa propia bibliografía, e utilizamos tamén outras xa existentes sobre diferencias físicas e psíquicas: do Centro de Documentación do IBBY de libros para xoves incapacitados, e da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, sobre diferencias sociais, culturais e sexuais: da Cruz Vermella, dos Seminarios de Educación para a Paz, da Asociación 'Una palabra otra', e das revistas C.L.I.J. e Primeras Noticias.
O Ministerio de Asuntos Sociais ten promovido os programas 'No marques diferencias' e 'Todos iguales, todos diferentes', nos que se incluían datos de libros e películas cos que tamén temos traballado.
CONCLUSIÓNS
Damos por sentado, por suposto, que o dereito á diferencia asístelle a todo o mundo, pero non por ser diferentes, as persoas poden ser discriminadas nin tratadas de forma desigual.
Por outro lado, traballa-la autoestima, sentimentos de identidade, confianza nun mesmo, toma de decisións e asunción de compromisos persoais e de riscos, con nenos e xoves, é un bo camiño para chegar a clarificar as relacións cun mesmo e cos demais de cara a conseguir unha boa Saúde Mental, Afectiva e Relacional.
As persoas que estabamos no curso (tanto docentes como discentes) non podiamos imaxinarnos o que ía a dar de si o tema ata que o fomos desenvolvendo, con que, ó final, interiorizámo-lo lema: "Traballa, que algo queda".
É importante atreverse a facer cousas raras e romperse un pouco a cabeza cos temas orixinais, se non abrimos camiños, nunca chegaremos a lugares novos, ou, polo menos, pouco visitados.
* Dispoñible no enderezo electrónico: http://webs.uvigo.es/ageps/dimdes.htm
(1) Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Universidade de Santiago de
Compostela. Asociación Galega de Educación para a Saúde.
(2) Colexio Público Rural Agrupado de Teo (A Coruña). Asociación Galega de Educación
para a Saúde.
Despois de publicar este artigo, fixemos a seguinte BIBLIOGRAFÍA.
1. AAVV. Aprende a jugar, aprende a vivir. Madrid: APDH; 1991.
2. AAVV. Cancións, contos e adiviñas infantís... Lugo: Xunta de Galicia; s.d. [Con cinta de magnetófono].
3. AAVV. La santé au fil des pages. Rennes: Bibliothèque Municipale; 1991.
4. Alonso J, Antó JM. "Desigualdades de salud en Barcelona". Gaceta Sanitaria.1988; 2(4): 4-12.
5. Amnistía Internacional. Derechos humanos: una esperanza. Madrid: AI; 1985.
6. Ashton J. La promoción de la salud, un nuevo concepto para una nueva salud pública. Las ciudades sanas, una iniciativa de la nueva salud pública. Valencia: Generalitat Valenciana; 1990.
7. Asociación 'Una palabra otra' (ed). Érase una vez una niña... s.l.; 1992.
8. Bettelheim B. Psicoanálisis de los cuentos de hadas. Barcelona: Crítica.
9. Bortolussi M. Análisis teórico del cuento infantil. Madrid: Alhambra; 1985.
10. Bryant SC. El arte de contar cuentos. Barcelona: Hogar del libro; 1985.
11. Caivano F. "Leer entre líneas. Aprendizaje de la lectura e inculcación ideológica". Cuadernos de Pedagogía. 1977; 36: 32-3.
12. Calvo D. "Los cuentos presentan una estructura social de dominación-sumisión".Comunidad Educativa. 1989; 174: 17-9.
13. Calvo T. Los racistas son los otros. Madrid: Popular.
14. Cascón P, Martín C (eds). La alternativa del juego. Santander; 1989.
15. Cerdá H. Ideología y cuentos de hadas. Madrid: Akal; 1985.
16. Comité Intersectorial de Ciudades Sanas. "Declaración de Liverpool sobre el Derecho a la Salud". Gaceta Sanitaria. 1989; 3(15): 585-7.
17. Conesa MA. Crece como persona. Un método sencillo de crecimiento personal a partir de cuentos de Andersen. Bilbao: Mensajero; 1992.
18. Cruz Roja Española. Taller de educación no sexista. Madrid: CRE; 1991.
19. Chazin SM, Quero M. Educar jugando. Madrid: Escuela Española; 1988.
20. Durán MA. Desigualdad social y enfermedad. Madrid: Tecnos; 1983.
21. Fährmann W. La escuela es más que enseñar. Madrid: SM; 1985.
22. Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Tal como somos. Salamanca: Fundación GSR; 1991.
23. Fundación Santillana. La Educación No Formal, una prioridad de futuro. Madrid: Fundación Santillana; 1991.
24. García G. Interacción social y animación juvenil. Madrid: Popular/Ministerio de Asuntos Sociales; 1990.
25. García I. Ocio y Salud. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo; 1986.
26. Garralón A. "Literatura con valores". Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil. 1990; 13: 26-31.
27. Hamelin M. Los cuentos y los niños. Barcelona: Hogar del Libro; 1986.
28. Held J. Los niños y la literatura fantástica. Función y poder de lo imaginario. Barcelona: Paidós; 1987.
29. Herrero T, Subirats M, Careaga P. "¿Sexismo en la escuela?" Ser Padres Hoy. 1991; 196: 66-70.
30. Jasso V. Cultura y educación. Un estudio en antropología cultural. La transformación de los sistemas culturales a través de los cuentos populares [tesis doctoral]. Barcelona: Universidad de Barcelona; 1982.
31. López G, Campo ME. Estrategias y técnicas de animación lectora. Madrid: Escuela Española; 1990.
32. Maceiras L. "¿De que falamos cando falamos de Educación para a Saúde na Escola?" ADAXE. Revista de Estudos e Experiencias Educativas. 1991; 7: 69-81.
33. March JC. Granada en sus barrios. Descripción de sus desigualdades en salud [tesis doctoral]. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública; 1989.
34. Martín FJ, March JC. "Desigualdades sociales en salud en la ciudad de Málaga". Gaceta Sanitaria. 1992; 6: 198-203.
35. Martínez A. Narraciones infantiles y cambio social. Madrid: Taurus; 1971.
36. Moyano MC, Delgado M, Rodríguez-Contreras R, López R, Cueto A, Gálvez R. "El cuento como técnica de educación sanitaria en escolares". Gaceta Sanitaria. 1989;3(13): 461-6.
37. Nájera P. "Educación sanitaria del preescolar". Revista de Sanidad e Higiene Pública. 1980; 54: 1029-41.
38. Organización Mundial de la Salud (OMS). "Educación sanitaria de niños y jóvenes". Revista de Sanidad e Higiene Pública. 1979; 53: 219-33.
39. Propp V, Mélétinski, E. Morfología del cuento. Las transformaciones de los cuentos maravillosos. El estudio estructural y tipológico del cuento. Madrid: Fundamentos; 1987.
40. Real Patronato de Prevención y de Atención a Personas con Minusvalía. Boletín nº 14. Madrid: RPPAPM; 1989.
41. Regidor E, Gutiérrez-Fisac JL, Rodríguez C. Diferencias y desigualdades en salud en España. Madrid: Díaz de Santos; 1994.
42. Reidarson N, et al. Libros para jóvenes incapacitados. Una bibliografía comentada. Oslo: Centro de Documentación de libros para jóvenes incapacitados del IBBY, Instituto Noruego de Educación Especial; 1991.
43. Rodari G. Gramática de la Fantasía. Barcelona: Argos Vergara; 1983.
44. Romero L. La aventura de leer. Barcelona: Salvat; 1985.
45. Sáiz A. "Modelos de infancia". Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil. 1992; 45: 7-13.
46. San Martín H. Une certaine vision de l'homme. Madrid: Karpos; 1983.
47. Seminario Permanente de Educación para a Paz. Sobre a inmigración. Unidade didáctica. Santiago de Compostela: SPEP; 1993.
48. Seminario Permanente de Educación para a Paz. Sobre o desemprego e a pobreza: a nova marxinación. Unidade didáctica. Santiago de Compostela: SPEP; 1997.
49. Solas O. Equidad geográfica: desigualdades sociales en salud de las provincias españolas [tesis doctoral]. Granada: Escuela Andaluza de Salud Pública; 1988.