ORTIGAS DA MEMÓRIA |
O sol e a lua. Os teus ollos.
A imortalidade. Un ovo de arxila.
Oh as ásperas, desoladas palavras.
Ti, quenqueira que feres a ferro e pedra
o rio no que perdimos a memória.
Non hai nada que te poida da primavera gardar.
Nacido de amarga noite
Ar lurpio
na pel de min. palavras
perdidas no siléncio púrpura de Setembro
Espantallo amado
nos combates máxicos para expulsar a morte.
Fráxil corpo sen voz
náufrago lanzado contra da lenda.
O vento fai-me por el
e vivo
E canción me fai por ela
morrer
Vivirán-me?
Urxentes ignorantes dos meus deuses, vivirán-me?
Só unhas horas
E vivirán-me sempre.
Lenta a nuve
murcha a lua, a praia, as gaivotas.
Rumor de neve
por ti ferido de luz. A mar
por ti ferida de água. A terra
Oh danza digna de ser
escrita na area máis branca
Primavera
primavera de onde vés?
De ti non vivido, non vivido hai tempo.
Máis amado
que o fráxil corpo da primavera
ferido caíu do ceo
o pequeno véspero
Malpousa nas ondas
Devorado vivin
dentro do animal meu devorador
No seu corpo viaxan nuves
Un rio antigo que cai á noite que cai
sobre todas as cousas
Água ardendo
o sol volve danzar
A resposta cotiá
errante en min
mesmo e non fugaz
voo de ave
Eras corpo
meu para o siléncio e para o corpo
Boneco do inverno
Deus do lume
O serán non chega
e nada me adiviña.
Espírito do inverno
vén o ceo a chorar-te sobre o rio
Efémera parca
Boneco cereal
O sangue: O sol
incesante e fugaz
O absoluto en ti
corpo de neve
e na area fosforeces
Xeometria tan branca
é contra a noite que ti chegas
e non hai corpo
Que tes vento? Por que adormeces ?
Onde as ondas mais bravas ?
Que acontece Setembro?
Por que demoras a tua morte?
O mar engadia sal ao sal
do noso sangue