XXXVII |
En Santa Irene dourada e celeste a
nube paira, no desamparo
da
Capela é unha illa verde o seu siléncio multiplica a fonte.
O tempo non é, as pegadas sulcan o camiño, dirixen-se
sen
excepción ao mar.
Volve a sombra de Iseo das Brancas Mans e ao me
encontrar
parto
ao encontro das palavras
onde a memória nega-se, curva-se esconde tras unha nube.
Como creer ainda nas palavras que sen se ocultar tintan-se
co
sangue da historia, non sospeitan que as levo á morte.
Vou neste dia primeiro do inverno onde o peso do tempo
adormece
a hora en que os prados adormecen.
Con orballo ainda collo unha herba perfumada.
Antiga a pedra baixo a maxestosa aza gris, a pedra onde a hora
cresce
como árvore.
Seguir o teu camiño ten-me transformado nunha bolboreta
coa
chuva nos suas pupilas, desesperadamente abertas,
nesta mañá, nunha enorme bolboreta de asas anil-marelo.
Rego do Burgo
A terra detida no espellos. Neste
levantar-se o dia,
a Sombra na Sombra recorda mas non
recorda o lugar.
Cos ollos abertos de par en par o
lugar vai
partir para non volver porque
recorda. Son o camiño
que dis que calas deixando ocos de
atemporalidade..
Arca
A luz é máis fina poeira na luz,
adormece e significa.
Á direita da miña memória é o
branco onde xaz
o pensamento que iluminan pinturas
azuis de paxaros
e flores. Ignorantes da espera,
fatigosamente camiñan
sombras, pasan. Á soidade
sustraio-lle o seu corpo.
Amenal
Inmune ao gris suplicante, para ti
o infinito pasa e alguén
dirá. Levas-me da mao invocas a
néboa cega, abrazas-me.
O val desde o teu cimo contemplas.
A escaseza
do ser, para min o tempo permanece
e a imaxe do invemo
apacenta o meiodia a soas. Tocado
pola mao o teu cimo.
XXXVIII |
A Eternidade Imóvel é a beleza
errante ainda. Esta mañá o Camiño
nasce-me
como nasce a nube violeta
e o seu rumor de asas de siléncios.
Neste primeiro dia de Xaneiro, O camiño como o home repete a sua
morte
o seu
despertar no escuro rumor da pedra onde
ser ou non ser nada.
Antiga silenciada quietude a fina chuva pola Rua das Hortas
deshabitada vai anda á roda do tempo.
Como sombra perdida no brillo da memória, perdo-me.
O sol e as suas luces vén até min busca o seu nome cun ton
human
ao
mencer na xeometria dun camiño ainda por percorrer.
Onde ir cando non se ten Destino?
Tomo a visión por realidade na Carballeira de San Lourenzo,
de
ollos calmos volve a hora.
No calendário o tempo viaxa grande parte do dia, este mar de
follas
ou
moedas de bronce.
Camiño esta Antiga Terra e no mencer saudo as nubes cincentas
e
nascen este siléncio onde eu tamén me escondo.
Ponte Vella
Alto e solitário o muro na
corredoira dos muíños.Volves
ao sol o teu mudo rostro sen nome e
creba a luz as lentas
nubes invernais. Na densidade do
seu vogar reflectes
un camiñar de rio. O sen movimento
canta a sua melodia
como teñen feito xeracións idas
cos seus ollos grises.
Sarela de Abaixo
Nas miñas pupilas o cristal que
existiu. Un camiño de terra
entre ruínas que me ollan desde a
sua soidade interior.
O tempo vacia-se de minutos,
atravesa un pequeno
regato lava a sua cegueira, camiña
con sandálias de prata
sobre as augas, é rumor de
palavras humanas.
Vidan Vello
Pola rua ves antes de partir. Entre
as casas pasan
figuras de mulleres, buscan-se
dentro sen se atopar
só sombras. Persigo os abismos da
palavra, nun eu
que fuxe malferido, en secreta
mudanza. Queres contar
de outrora o tempo e ao conta-lo
aprendes a morrer.
XXXIX |
Lento cai o orballo baixo do arco,
desnudamo-nos da noite
e as
suas lanzas.
Ouvimos o rumor do entón da luz, un ceo invernal derrubado:
A
aurora como a imaxe da aurora.
No Pazo Desolado cain follas sen vento: aves lonxanas
que pechan
os
ollos e volven durmir.
No Rio Barcala somentes a lua. Xorde o tempo para seguir.
Das tranquilas estrelas atraveso o camiño como quen atravesa un
pano
de
chuva deshabitada e imóvel.
Na pureza da visión desvanezo entre o poente de ouro.
Xaneiro
seca no seu rosto as gotas do luar.
O rio embala a lua, até se disolver en chuva e fogo
no
fondo do rio que vai para outra terra mais soñadora
Meditas os teus misterios e o ollo descobre a sereia Soidade
da
terra na que non somos senón o cintilar dunha noite antiga
Es aquilo que nos fixo nascer do enorme silencio desvelado.
Es
mudanza e da estación.
Abertos, brancos lirios de orballo es do tempo.
En Negreira o sol de inverno desde a sua xanela olla a
esencia do verde:
un
azul sen destino que cruza o meu ollar.
A hora acalma o seu visível corpo. Na gándara a chuva
foi
apagando os recordos do dia é unha mao aberta lonxíncua.
Tan secreta envolve-me coas suas pratas nos seus dedos.
Non ha nada escrito nada que non sexa o dia.
A distáncia non ten fin. Nada me agarda. Ninguén.
Portocamiño
Inumerável a terra inocente
procura a tarde transitada.
Son eu o mesmo camiño que escrebo,
que me olla
e fala, que conta de si mesmo unha
lenda sen tristeza.
Para non se deixar vencer polo sono
falan as estrelas
de brevísimo sorriso
ininterrumpidamente. Noite tan fria.
Marcelle
Sobre ti branca de nube a Espera,
imobil. Es ti a tarde,
esta. Camiñamos rente ao inverno e
as suas paredes
cóncavas. De noite permanecen as
antigas formas
devolven-me a imaxe da paisaxe onde
unha figura
cor ocre camiña lá fora do tempo
con leve perfume.
Vilaserío
Nas follas das árvores reteñen a
chuva prateda. Todo é agora
na casa de pedra. Esculpidas na
luz, as néboas fan-se luz,
unha clara luz no camiño. O
arrecendo das palavras
escritas fai-se amenta e nada se
fai sustáncia, só tenras
palavras. Tras longa costa es
segredo que se da a ver.
XL |
En Corcubión a música
tolda a luz do dia e a lua e o sol e retrocede
interior
e se retrai humana.
Visito a igrexa barroca no algures da sua luz de ouro. O reloxio
dí
que é meiodia do visível como un tempo
que se consome sen chama:
Imaxes na memória gardadas. Pola Carreira do Conde paso
en
secreto.
En que vida hei camiñar costa arriba até chegar á miña vida
pasada.
Os mortos viven sen fin cando a luz e a sombra se acoplan a quen
fun
e
lembro
Chego ao camiño vello e son. Agardo ainda o regreso
do
tempo que se vai para enxendrar a pura claridade.
Esta xornada do camiño leva no seu interior o meu pasado:
Soñando
a
sombra creo luz e vida e morte.
Como un rei soñador o Por Vir é comezo dun dia de chuva.
A mañá pasouse a mañá sen deixar de ter sidoi gracias a esta
luz
grácias
a este azul que quizais non é posível e que quizais
ma busca entre aqueles que nomearan a beleza deste dia de inverno
Cando numeros e figuras por unha vereda subimos, até
unha
soidade final onde hai unha paisaxe incerta:
Un soño ao que sempre volvo: Non chegar.
O Vilar
O voo sonolento dunha ave
desvanece-se na tarde fria.
O tempo deixa-se sentir na Casa
Abandonada e a voz arrinca
á sua sombra adolescente. Hai unha
Soidade imensa
á veira do camiño e unha capela
serodia e derrubada
Tes por corpo o inverno, con
destellos de viva luz feres-me.
Amarela
Rompe o dia entre sombras como
nuves violáceas.
Por unha corredoira baixo ao
impenetrável, á opacidade
dunha fonte trasparente. Vai frio
no meu ser, no antes e despois
no outro que son. Todo ten corpo
real que dorme e sabe.
Todo o que non ollas, todo o que
dis é certo e retorna. Crea-se.
Toba
O rumor da chuva surprendida, no ar
abre-se, en flor.
Este verde entreabre a cortiza da
realidade. Nunca é
branca a fermosa máscara tráxica
que reflecte, mais azul,
un anaco de ceo, esta parede azul
que onte á noite
non existia. O ceo existe sen saber
no branco da mañá.
Neva sobre este verso.
Desde a bretema entramos na imaxe mesma do soño:
o
neno que fun chora na estrada e pode ser que sexa
o mesmo de hoxe aqui cando veño ser quen nunca serei.
Todo permanece. Todo está deshabitado da soa luz.
Todo é mais flor que esa flor dourada e boian farrapos de neboa.
Neste dia de xaneiro avanzo cara ao non saber.
Cai auganeve no soño da miña terra natal. Gota a gota cai
a
noite longa, volve escura. Cai o inasível da realidade.
Quizais ninguén de min emprendeu este camiño.
Os ceos mudan como as ondas do mar.
Bastaria
unha soa onda tua para me crear.
Estou en Fisterra após un longo siléncio. Asi te vivo
neste soño.
Aqui eu naszo, á escondida memória das palavras.
Entre Albor e Solpor perdido son do todo e do
ninguén
A noite aniña no teu imaxinar a Eternidade Iluminada
como
ela nunca foi