XXXIII |
Anoitece, busco un primeiro
recordo. Sarria acolle-se entre leves
panos
de néboa percorrida dunha claridades parpadexante
de finos e longos dedos:
Nesta miña casa son o recordo do Rei Tolleito, é
ruína e outro agora,
no
seu morrer a este lado da palavra recennascida.
Viaxa cara a si mesma a noite é negra bolboreta.
Na noite das lampadas ouvean os cans, no seu reverso oscuro
non
se ouven os pasos do Destino a desandar o seu camiño.
Voando cara o sul quen levará as miñas palavras. Todo se torna
soño
no Castelo Inexpugnável.
Ollame o infinito cálidamente cos seus ollos pechados.
Amanece lenta a veiga cos ollos marexados de lágrimas,
parte
para escura terra.
Resplandece, hermética a hora amañece sen presa, a sombra
pendura
das miñas palpebras e pouco a pouco extingue-se.
O caseque inverno pendura dos meus labios sen palavras neste dia,
no
meio e meio de Novembro.
Rio Celeiro
Testemuña sonolenta do ser e de si
mesma a ponte
non é ou talvez é consciencia ou
Rio do Tempo. O meu
camiñar á vida chama, deixa-me á
intemperie dun presente
que ten nome de nube e xasmin. O
galo ainda canta e ao sol doura
a sua prumaxe. A fraga é luz
liquida sombra amañecida.
Rente
Nun mar de branca néboa: a
citania. Entre carballos
o misterio da perda dun antigo
outono. A sombra abre
un sulco na sua luz. Porqué te
abandonas ao recordo.
Só saben as rosas o siléncio das
follas caidas,
só a noite sabe no seu andar
errante que nunca chegarei.
Marzan
A espera nega o tempo neste meiodia
manchado
de dourada e fina cor. Todo o roxo
pardexa busca a sua mao
protectora, o muíño é o son
deste dia sen arestas sen pasado.
Traes pedriñas brancas, rosadas e
ainda esqueces
que en cada paso. Es o movimento e
a sua quietude.
XXXIV |
Elevada palavra inasível, o
camiño anda tras de ti é pérola na frente
da
aurora.
Soñar é despertar ao pasado: Ave nocturna busca un reflexo
do
inasequível .
En Gonzar paso a noite deste dia.
Todo se alonxa. Nos lameiros agardo, contigo digo o rumor de
chuva.
Anoitece, emprendo a busca da Imaxe Horrível e fracaso na busca.
Cando nasces da tua irrealidade antes de chegar a nós desde a
tua distáncia,
fico
preso na Carballeira Proibida.
Cun eco mudo e a sua voz vacia o pasado ten o perfume
dun
ramo de lilás.
Creamos a mirada sabemos que non estás : o dia é un pasar
e
permanece a aldea baixo a sua quietude.
O camiño vén ao meu encontro. Busco sen encontrar o que non é,
buscando
busco o instante.
Un mencer, un ocaso apenas me separan do meu nome
na
encrucillada.
Neva na carballeira vestida de siléncio. Ninguén o fai fai-se:
O dia
vén camiñando.
O sol de meiodia borra-se no pensar. Afundo a mao no presente
e os
seus reflexos.
A mañá desaparece no camiñar, nunha ollada que pode ver e
ouvir
porque
elexin lle pertencer.
Tocar o Agora e as suas sombras. Desfollar todas as petalas
do
dia, a austera soidade.
Castromaior
O tempo toma posesión dun pasado
que nunca parte.
Vexo a sombra na sombra, as
escritas palavras
a despertar na escrita no papel.
Vexo a luz na luz
mentres dormes e o sol imitas.
Chega un brando siléncio
violeta e non vexo a noite e
desaparece si a leo.
Hospital da Cruz
O tempo vacia-se de brancos, de
minutos. A avefria tece o ar
coa soa luz do ser. O mencer é
ollada e máscara e soña
que é outra noite que é
desasosego tras de outra
máscara de lua chea. Cada
distáncia que ando crea-me
unha soidade. Na parede creas a
xanela que apenas foi outro tempo.
Alto de Ligonde
O teu nome adelgaza-se na tarde que
camiña lenta
cos seus pés doridos. És
secretamente, oio e ollo
en toda a parte e unha parte de min
aboia á deriva
limita co meu ser. Levo na man unha
noite con lua
e un ramo de cerdeira .Ollo-me no
espello do mundo.
XXXV |
O siléncio é a eternidade, as
palavras envellecen con tempo,
permite-lles
ter alma de domingo luminoso.
As palavras humanas en soños acoden, ao teu nome acoden.
Esta noite con lua camiña calada, vai ao seu sentir nasce co
crepúsculo,
morre
coa aurora, vai da intacta luz ao meio do visível.
As casas de pedra a neblina tenra nasce, remansa.
Comprendo a vida que por min pasa e regresa ao ser e só é
memória
que
xa ten andado grande parte do camiño.
Nel desaparece mentres o escrebo e camiño. Neste terceiro dia
de
decembro dou corpo ao seu vacio .
Deslizan as nubes sobre Palas de Rei. En lentísima
bruma rosada
todo
repousa ensimesmado na sua realidade inacabável.
O orballo nas ervas do camiño. Nesta xornada duas palavras
deixan
cair duas pétalas de flor chaman e sen ser chamados
Devolve-nos ao Rei Primeiro Vencido, descifran os
arcanos
e o
seu reflexo invertido.
Gaiola de Riba
O horizonte é cicatriz de luz
entre alba e crepusculo
No gume fica quieta a tua
trasparéncia. Acaso existes.
Pecho os ollos para ver máis lonxe
para ver máis fondo,
para ver desde o porvir. En min
estou, contemplo a aurora.
Estou aqui, desde sempre aqui e no
alto o vacio.
Pallota
Entre agras de centeo chego ao
presente onde a luz
esvara polas paredes do dia como
auga clara. Os recordos
acollen-me, mostran-me o teu ollar
verde-azul. Entre
as árvores estou son o lugar
interior, reconstrues o azul
a casa, sen cambiar de lugar, es
camiño desaparecido.
Outeiro da Ponte
Gardo o branco no gris infinito do
balado. Chove auga errante
busca o rumor do dia na tarde, sen
se ocultar de nós
tras dunha nube proxecta a sua
sombra, nela oculta-se.
Creador dun tempo novo o Rio
Pambre, no seu ir de prata
é un sen-lugar onde os deuses
nunca teñen morto.
XXXVI |
O corpo abandona-se incapaz de
permanecer enxendra
o
encantamento da xornada cada luz oferece unha mesma noite.
Pecha os ollos este dia de decembro igual que abre a chuva e bate
toda
a noite no siléncio.
No aroma da alba o Río Iso é o que me falta para
chegar. Paseio
a
ponte románica e son Galván.
Escoito o rio ir e volve e teima a memória coa sua garganta
prateada.
O alento do século no rio xela-se-me nas mans é soño
profético.
Ollo a pomba policromada, en soños unha e outra vez
retorna
a estes paraxes.
Os carballos debuxan apenas a sua pantasma no camiño non
revelado,
trascorre,
grava un tépedo reflexo na tua pel.
No veludo do nada nas paredes grava soños mensaxes cifradas.
Pergunto e a noite non ten eco. A chuva é man de seda
pousada
no ar, agarda, esconde-se no bosco.
O vento primeiro da mañá, dispersa o ser.
Retorna a voz misteriosa e cálida revela-me o meu nome.
Arzúa
O espazo perdido paira na alameda.
No ramo mais alto canta
a tarde lenta é tepedo regazo
mentres o corpo é Pergunta
grávida de perguntas. Es, segues
sendo e non
só escrebes, falas do que tes
visto. Escrebes a melancolía
e non ten onde se acoller a sombra,
sucede-se no corpo.
As Barrosas
Na valgada toldan-se as aguas do
regueiro desnudan-se
as estrelas no sen horizonte. A
tarde trae gotas de azul
de nube. Esplende a luz nun anaco
de vidro roto
no camiño. Na capela deixas-te
acariciar polos dedos
do olvido que deixa sobre o teu
delicado pel húmidas carícias.
Calzada
Todo o pasado desanuda-se da cifra
é só a beleza. A cinza
que na nebra nasce e na nebra morre
cruza a pupila.
Es pegada e lugar onde se tocan luz
e sombra onde
o corpo pasa para ser dous, para
non ser vacio espello
de rio. Neste acaso un paso e outro
e outro na hora cóncava.