Centro de Documentación da AELG
A faciana das augas - Suicidio dunha muller
Vilela, Branca

Acercaos; no nos ve.
Yo no sé qué es más gris,
si el acero frío de sus ojos,
si el gris desvaído de ese chal
con el que envuelve e cuello y la cabeza
o si el paisaje desolado de su alma
.

Dámaso Alonso


Muller que camiña pola branca area
como unha brisa ondeando entre os corais
Os pés nus pla beira,
Cuncha mergullada ao perderse na praia.
Salitre na mirada dunha muller
perdida no horizonte
esculpida en soidade.
Dous mundos por descubrir.
encrucillada do mesmo inferno,
do mesmo edén.
Libre albedrío de se sentir amada
na distancia. o seu sorriso,
é un duelo adormecido.
Decadencia do ánimo,
abalan as forzas nesta guerra.
Lenta agonía entre as augas de Maio.
Vanse sen presa os corsarios,
saqueando as palabras,
para enterralas entre os logros vencidos.
Doce decisión para limar o sufrimento.
Vestixios dun naufraxio
no teu corpo espido, antano profanado.
Secreto adormentado nas profundidades
que te acollen reinante.
Señora dos Mares; volves ás túas orixes.
por sempre nos teus ollos o mar encerrado;
ese mar que te inunda, que te cerca.
Encadeada en ausencias esqueces o sabor
do amargo canto das sereas; agardándote...
Sempre aquí, nesta noite, de profundos silencios.
O teu corpo xa é, escume etéreo, bebido
polos labios que nunca te beixaron.