NON digas
non penses
non poñas adverbios á distancia que nos une
non poñas datas á ausencia
non saibas
non preguntes
non lumbres a nostalgia é cruel
non te afastes
non fuxas
xa sei
debes facelo
o camiño é longo
o paso lento
non escoites
poderían enganarte
no engano agóchase a única verdade
na que nunca cremos
a voz soterrada
o silencio que nos une
a palabra que non permite
que sexamos bilingües nun país de xordomudos.