Centro de Documentación da AELG
A árbore da cegueira - Roubáchesme as palabras
Ramos, Baldo

ROUBÁCHESME as palabras

coas que poder dar razón do meu silencio.

Negáchesme a man

que noutro tempo me ofrecera

a imposible resignación de procurarte.

Fixeches do tempo

unha gramática da renuncia,

un lugar no que agochar

as palabras máis ferintes.

Non importa que esteas lonxe

e que medre na nostalgia

a semente do esquecemento.

Tampouco agroma o froito

sen que pobreza antes a flor

que o fertiliza.

Nin importa que a nudez desta distancia

nos impida desandar

o camiño que as palabras nos negaron.