Escribo para non darlles a razón ós que me ignoran.
Escribo para non sentir que estou acompañado.
Escribo para andar os pasos
dos que me leron nos seus versos.
Escribo para renunciar a vivir
como os que viven sen renunciar
ó que non pretenden.
Escribo para non ter desculpa no xuízo final,
se é que hai un final e nos enxuízan daquela.
Escribo para sembrarme
dos que xa non poden sembrarse de nós
porque laguen lles impide
atopar palabras coas que calar para sempre.
Escribo para atopar esas palabras que nos alivien.
Escribo, en fin, para entenderme
cos que están lonxe de nós
coma deles mesmos.