Non hai ninguén
Se consegues abrir as portas
atoparaste co baleiro da túa inquedante presencia.
Un cuarto ó que accedes dende dentro;
dende o interior baleiro desa casa na que habitas.
As portas están fechadas,
pero é máis doado entrar
dende o que compartes co exterior.
Unha dúbida.
A claustrofobia que nos permite respirar.
Dende dentro alomenos
sentimos que hai alguen fóra.
Algo que perder, algo ó que darlle un nome.
Desa casa partiremos algún día.
O vello cuarto ficará baleiro.
E haberá quen non entenda
de qué lado te atoparon.