Este verso:
“vertixe do espazo en soidade universo da liña que gravi-
ta entre inanimados seres como unha nota sostida
até a loucura repousa o gran manequín ergueito
solemne esperando a mirada que o debuxe que o
defina como forma que suspenda o movemento na
praza ou contrariamente anime o corpo en insubs-
tancial aceno os trazos cinguirán a luva exacta da
luz entrando espera indagación en frecha resolvida
vixilia desacougo do obxecto a presunción de ser
contemplado ”.