Este era o verso que escribías:
“na hora do ocaso a sombra medra o manequín na praza
amplísima pensando na imposibilidade de deitarse a
soñar esperándose sempre hai un home sentindo
vertixe ante a propia horizontalidade ten rostro
deponse ora soan pesadas campás nunha torre e o
eco perséguese a si propio nos altos soportais da
praza como o sangue ninguén olla agás o arcanxo”.