Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Xistral (textos íntegros) - Dame a túa man
Arias Saavedra, Ana

EDITADO NA REVISTA XISTRAL 
POLO EXCMO CONCELLO DE LUGO - GALICIA
ANO 2004

Dame unha das túas rateadas,
un cachiño do teu tempo,
dame a túa vera palabra,
o teu lizquente alento,

Dame a túa fidel compaña,
inxentemente estimada,
dela moi necesitada,
a miña prosiña ialma,

Non me negues a túa fala,
a súa doce caloriña,
non fagas ti malpocada,
á miña manida vida,

Non me despreces no teu lar,
tenramente el me quixo,
en xacando ó alugar,
nel achei vero agarimo,

Non me regales ironías,
polo moito que me mancan,
estando eu a darche regalías,
lisura da miña ialma,

Dame e túa nobre man ¡ dama!,
docemente aperta a miña,
e sigamos a camiñar,
coma en tempos de meniñas,

Recunca ós teus tempos,
enfeitados de tenrura,
recupera eses teus feitos,
de moi enxebre lisura,

Arreda das túas entrañas,
á inmunda fenosía,
¿ quen cha daría a arranxar,
se ti nen ren a coñecías?,

Non fuxas ti da compaña,
noutrora, ti na percura,
regalada sempre alba,
na máis enxebre frescura,

Dame ti rateadas ¡ damas!,
dame triscos do teu tempo,
nese xesto ó mellor achas,
o teu arelado sosego,

Sosegade na túa ialma,
toda ela efervescente,
a caloriña a vaguexar,
moi alxida , converterse,

Dame a túa doce man ¡dama!,
apréixame ti a miña,
vaiamos xuntas camiñar,
nese verdello da vida,

Falémonos con tenrura,
coma nos idos tempos,
non deixes ti que feituras,
deturpen teus sentimentos,

Dame a túa doce man ¡dama!,
dame as túas veras verbas,
dame a túa doce compaña,
a moi estimada nobreza,