Centro de Documentación da AELG
Poemas publicados na revista Xistral (textos íntegros) - Paupérrima de amor
Arias Saavedra, Ana

EDITADO NA REVISTA XISTRAL 
POLO EXCMO CONCELLO DE LUGO- GALICIA
21 DECEMBRO 2005

Donas que descoñecedes albizaras,
só amosegas de feituras taimadas,
a vos,meu consolo en escritas palabras.


Coñecíchela en fausta, hora para ti,
na máis infausta, para a vida dela,
encomezando na estadía compartir,
encomezou a coñecer, truculencias
das túas mans,teimudas por seu corpo ferir,
encamiñouse cara rotas de bébedas,
grolos , para no seu prosiño oco cubrir,
oco nun tempo, bramosamente a florir.

Paupérrima de amor do teu corazón,
corazón, zumegando dozura enxebre,
buxaina a bailar,  ó teu antollo, ferrete
premido,cos teus varudos pés con esforzo,
salferida piola no foxo, coma xoguete,
enzoufandoa con saña, en ludroso lagoto,
sorriso nos beizos,pracer nos teus  ollos.

Camiñou por camiñar  , coa ollada no chan,
batendo nos tombos, sen endexamais xemer,
tendeu a súa man, para unha esmola pregar,
refocilándose no vezo de beber,
coa vasca de dita,no cerne arelada,
¡esa! cun día en ti creu ver , a través
do sedán mouro, perante da faciana,
pano de néboa, pano de foula pénsilada.

Trocada a malfadada, en corpo e alma, muller
manida en vontade, mazmida de alento,
sombra, cá súa sombra non recoñece,
queixume nos beizos , polo derradeiro,
pola tampa que tape, seu corpo en eivas,
prego aflixido, no dondo do cernello,
artello, cá porta do infindo a achega,
devindo,na máis infausta das penas.

Ben podes ti home, oufanía senter,
ata no teu peito, tanxer ben podes,
da mesquindade dos feitos te rever,
sabido que a pasiños de neno se move,
Tralas ventás, os seus ollos tristeiros,
nen mágoas , nen ledicias, os conmoven,
choída neses idos venturosos tempos,
denantes, do desventuroso teu achego,

Avenllentada pola tétrica estadía,
non pola idade, que aínda lle é pouca,
aseméllase a trasbaiada velliña,
cando ben puidera ser vigorosa dona,
deseño das túas mans, inmundamente impías,
do ludro de fachenda,  que a cotián te orna,
erixiche á máis ruín das figuriñas,
escolmando,magnánima materia prima,

Os remorsos no teu corazón non fenden,
coma raposo , na procura vaguexas,
o seu ser , xa hai tempo que non te quere,
alporízase cando o teu nome nomean,
dorido coas chagas ,de bravos tormentos,
prega sosego, e nas chagas postela,
anceio refusado en todo momento,
na efervescencia de carraxento abeiro,

Inerme, fronte  a fervenza de aleivosías,
é moi humán, o seu fito desexo,
dese alonxar a Celestiai Estadía,
a senti-lo Divino Agarimo Tenro,
negandollo a natura,por máis que llo pida,
regalándolle tan só , vida de inferno,
achada no altar,nese día de dita,
nesoutros, zoupada sen dó na pelica.