"No que atinxe á implantación xeográfica das S. de I., arredor do 90% delas estaban domiciliadas en Arxentina e Cuba, distribuíndose as restantes por Uruguai, Brasil e EEUU. En canto á súa influencia en Galicia a través das E. de E., o grao de enraízamento destas varía notablemente entre provincias e, sobre todo, comar-cas. Foi moi débil na provincia de Ourense, pero elevado nas de Lugo e A Coruña, mantendo Pontevedra un discreto terceiro lugar, segundo os datos estatísticos proporcionados por Costa Rico. Núñez Seixas atribúe a Pontevedra o segundo lugar polo número de S. de I. fundadas en América (138), en detrimento de Lugo (119), precedidas en todo caso ambas por Coruña (177) e seguidas a moita distancia por Ourense (50). Dentro de cada provincia destacan algunhas comarcas, xeralmente situadas ó norte de cada unha delas: Ortigueira, Pontedeu-me e Betanzos, na provincia da Coruña; Vilalba, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, na de Lugo; Lalín, Silleda, Ban-deira, A Estrada e Caldas de Reis, na de Pontevedra. Habería que engadilas comarcas de Teo, Negreira e Arzúa (A Coruña) e o Val Miñor (Pontevedra), situadas máis ben ó sur das citadas provincias. En consecuencia, o mapa das S. de I. e da súa secuela, as E. de E., presenta unha elevada densidade no Norte das provincias lu-guesa e coruñesa e tamén ó longo ?dunha franxa diagonal que vai desde o val do Barcala ata o Ribeiro? (cen-tro-sur da provincia da Coruña, Suroeste da provincia de Lugo, Norleste da provincia de Pontevedra e Noroeste da provincia de Ourense). Segundo Peña Saavedra, o 31?14% das S. de I. elixiron a propia parroquia como ám-bito territorial da súa actuación escolar; o 40?76%, o concello e o 18?48%, a comarca de procedencia. En todo caso as S. de I. adoptaron "un modelo de integración baseado nas unidades de asentamento comunitario que conformaban a estructura territorial do país". O período cronolóxico de actuación das S. de I. abarca desde 1.904 (fundación en Cuba da ?Alianza Aresana de Instrucción?) ata 1.936 (inicio do proceso de clausura e incau-tación das E. de E. por parte dos militares sublevados), pero a etapa de maior esplendor e intensidade corres-ponde seguramente ós anos centrais do reinado alfonsino (1.907-1.925). Estatísticamente Costa Rico documen-tou a existencia de 206 S. de I. (que Peña Saavedra eleva a 400) administrando 357 E. de E. en Galicia (incluídas as legadas por emigrantes particulares) con 518 aulas. As estatísticas proporcionadas por Peña Saavedra difiren un pouco das anteriores, seguramente por non incluílas escolas fundadas por "indianos". As provincias máis beneficiadas pola intervención escolar dos emigrados foron Coruña, Pontevedra e Lugo , de xeito que pode establecerse unha correspondencia estatística entre volume da emigración, densidade societaria en América (S. de I.) e densidade escolar en Galicia (E. de E.)".
Tomado de A obra educativa e cultural dos emigrados: Prensa da Emigración e Sociedades de Instrucción en Galicia (1.900-1.936), (Sada-A Coruña, Edicións do Castro, 2000), pp. 27-28.