Soberano non só é unha promesa, senón unha excelente realidade narrativa xa consolidada. En especial, no plano formal porque a radiografía de A. Caamaño (...) mergúllase de cheo nas correntes máis innovadoras da narrativa contemporánea: a novela de estructura aberta na que se acumulan persoaxes e historias que se espallan coma o aceite. Ducias de historias ramificadas, complexas, que fan do texto unha novela río ou unha novela árbore, como quería Borges. (...) Por iso saudamos con pracer o texto de A. Caamaño. Porque asume o risco de innovación sobre todo no plano estructural e porque ademais nos fai gorentar a forza da narratividade. O tecido novelesco (está) composto de secuencias soltas e dunha verdadeira galería polícroma de personaxes, na súa meirande parte paralizados por doenzas vitais. (...) Unha nómina interminábel de figurantes e de peripecias vitais que o escritor olla desde un afastamento irónico e que dan lugar a un retrato lúcido, ganduxado cunha clara vontade de estilo que sutura a fluidez e certas chiscadelas de preciosismo, que fan de Caamaño un soberano da palabra,...