Centro de Documentación da AELG
Do Prólogo a "Poemario irlandés"
Miranda, Xosé
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Incluído no Prólogo a "Poemario irlandés"
Hai nestes versos unha conciencia dolorosa de patrias negadas e de clases negadas, e aí están esas clases traballadoras erguéndose coma heroes na loita diaria, construíndo coma cíclopes o mundo, coma xigantes transitando pola súa calzada de basalto, Giant´s Causeway, tantos escuros séculos sen irmandade feniana nin fusquenlla, porque esta non é a Irlanda, non é a Galiza dos poderosos, dos explotadores, eses que antes chamaban burgueses: é a do pobo.