ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez
Curso de Formación a Distancia en contorno virtual. Desde a AS-PG queremos facerlles chegar a nosa intención de organizar en colaboración coa Aelg e Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información (Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información) da Xunta de Galiza, e para o mes de maio de 2008, as Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez, unha iniciativa de formación en liña para os docentes de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato que permitirá ao profesorado interesado na didáctica da Lingua e Literatura Galega asistir a través de internet e sen necesidade de se desprazar, a estas Xornadas, para as que se solicitou a homologación ante a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 20 horas. Datas de realización: As xornadas terán lugar as tardes dos martes e xoves días 6, 8, 13 e 15 de maio de 2008. Comporanse, pois, de dúas sesións semanais de tres horas pola tarde durante dúas semanas (catro sesións). Despois da intervención de cada relator (1 hora) disporase dun espazo para o coloquio virtual (chat de 30 min.); e até o 20 de maio de 2008 para as 8 horas de traballo para as actividades propostas polos titores e o proceso de avaliación. Horario: de 17:00 a 20:00 horas. A actividade emitirase on-line desde a Facultade de Filoloxía da UDC a través da plataforma de formación virtual Moodle. Horas de formación: 20 horas non presenciais. Número de prazas: 50, por orde de inscrición. Establécese un máximo dun 20% de persoas en situación de desemprego. As persoas que fan substitucións no ensino privado ou concertado pero que non estean traballando durante a duración do curso contarán a estes efectos como persoas en paro. Persoas destinatarias: persoal docente de Bacharelato, da ESO e da EPO. Establécese un máximo dun 20% de persoas en situación de desemprego. As persoas que fan substitucións no ensino privado ou concertado pero que non estean traballando durante a duración do curso contarán a estes efectos como persoas en paro. Custo da matrícula: 20€ Normal, 15€ Socios/as AS-PG e persoas en situación de desemprego, Gratuíta Socios/as AELG A seguir, explicamos a filosofía e a mecánica das xornadas, así como os obxectivos que se perseguen: PRESENTACIÓN DAS XORNADAS A AS-PG e a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolverán no mes de abril as Xornadas Virtuais sobre Manuel Curros Enríquez, un evento formativo que aproveitará os recursos dixitais para ofrecer un espazo cómodo de diálogo, colaboración e formación. As Xornadas Virtuais consistirán na emisión en directo de relatorios ilustrados a través da rede, dunha oferta de contidos útiles para docentes e dunha ferramenta simple para o troco de experiencias e materiais didácticos. Todo isto estará accesíbel desde a páxina web da AELG. Deste modo todos os receptores poderán asistir aos relatorios dos/das especialistas e dialogar con eles/as en directo, así como accederen durante o curso escolar aos contidos complementarios das Xornadas desde o seu propio computador e desde calquera parte do mundo, se dispoñen dos recursos informáticos máis comúns na actualidade. Estas Xornadas Virtuais de literatura estarán constituídas por: a) Contidos emitidos en directo (ver Programa): consistirán na emisión de conferencias a través da Rede. Deste modo todas e todos os matriculados poderán seguir os relatorios dos especialistas desde o seu propio computador. A cada intervención audiovisual seguirá un espazo para desenvolver un chat (diálogo audiovisual/escrito entre conferenciante e público), que posibilitará a interacción cos especialistas. b) Materiais de acceso permanente: durante e con posterioridade ás Xornadas permanecerá activo un espazo dispoñibilizado pola AELG para rendibilizar o encontro dos profesionais arredor dos temas tratados e permitir o troco de experiencias e materiais ao longo do curso escolar entre os participantes, así como a publicación de materiais de interese. Ao mesmo tempo, a propia AELG promoverá o fornecemento de novos contidos na plataforma dixital das Xornadas que poidan resultar útiles para a comunidade docente. CONTIDOS Aspectos literarios, contextuais e relación con outras artes da obra do autor a quen se dedican as xornadas, autores e textos relacionados. Propostas didácticas arredor da obra da figura estudada. Vexa a seguir o programa: PROGRAMA Xornadas virtuais sobre Manuel Curros Enríquez Día 17:00 - 18:30 l (1ª Sesión: 1 hora relatorio/ 30 min. coloquio) 18:30 - 20:00 (2ª Sesión: 1 hora relatorio/ 30 min. coloquio) 6 maio martes Unha visión sociolingüística da obra e da época de Curros Enríquez PILAR GARCÍA NEGRO Pervivencia poética de Curros Enríquez CHUS NOGUEIRA 8 maio xoves A evolución ideolóxico-política de Curros Enríquez FRANCISCO RODRÍGUEZ A poesía de Curros Enríquez no Rexurdimento Galego ELISARDO LÓPEZ VARELA 13 maio martes A concepción xornalística de Curros Enríquez XURXO SALGADO Unha reflexión ao redor d´O Divino Sainete ANXO ANGUEIRA 15 maio xoves Curros Enríquez e Cuba MARCOS VALCÁRCEL O estudo da obra de Curros Enríquez. Unha proposta didáctica ARMANDO REQUEIXO MECÁNICA DO PROCESO E RECURSOS NECESARIOS Recepción e interacción. As persoas inscritas nas Xornadas Virtuais acceden á emisión en directo das sesións desde calquera computador con conexión a Internet a través dun contorno educativo altamente intuitivo (Moodle) e mediante unha clave persoal que lle será facilitada canda máis información sobre o contorno no momento da inscrición. Poderán ver e oír as sesións, así como participar con preguntas e comentarios a través dun sistema de chat que se habilitará ao final de cada relatorio. Ademais poderán visualizar os arquivos das sesións, que ficarán gardados no contorno de traballo. Recursos necesarios por parte dos/as inscritos/as. Para seguir as I Xornadas Virtuais de Literatura só se precisa: 1. Un ordenador con conexión a internet de banda larga e altofalantes 2. Un programa navegador (Internet Explorer, Firefox, etc) 3. Instalar no computador o programa gratuíto VLC para a visualización, para o que se darán instrucións sinxelas na propia páxina web. Unha vez rematadas as Xornadas, consolidarase a plataforma como foro de traballo permanente para o troco de ideas, propostas e materiais. As persoas inscritas tamén poderán: a) Empregaren o sistema de chat para se comunicaren con outros asistentes en calquera momento; b) Accederen ás táboas de contidos das Xornadas e ás ligazóns de temas, novidades e materiais para descargar relacionados co obxecto das sesións; c) Enviaren ao administrador da plataforma os seus propios materiais didácticos para seren postos á disposición dos participantes nas Xornadas; d) Ofreceren nun taboleiro informativo os proxectos postos en práctica nos seus respectivos centros de traballo ao longo de todo o curso; e) Recibiren apoio técnico sobre a utilización da plataforma das Xornadas Virtuais; f) Proporen outros servizos ao administrador para a mellora da plataforma. Datas: As xornadas terán lugar nas tardes dos martes e xoves, días 6, 8, 13 e 15 de maio de 2008, de 17:00 a 20:00 horas. Comporanse, pois, de dúas sesións semanais de tres horas pola tarde durante dúas semanas (catro sesións). Despois da intervención de cada relator (1 hora) disporase dun espazo para o coloquio virtual (chat de 30 min.); e até o 20 de maio de 2008 para as 8 horas de traballo para as actividades propostas polos titores e o proceso de avaliación, que serán tuteladas e monitorizadas a través do control de presenza da plataforma Moodle adaptada para este fin. Horario: de 17:00 a 20:00 horas Número de prazas: 50, por orde de inscrición. Establécese un máximo dun 20% de persoas en situación de desemprego. As persoas que fan substitucións no ensino privado ou concertado pero que non estean traballando durante a duración do curso contarán a estes efectos como persoas en paro. Número de horas: 20 non presenciais Modo e datos de inscrición: Avda Alfonso Molina S/N, Edificio de Sindicatos, 8º andar 15.008 – A Coruña Telf: 981 912 117 Datos necesarios para a inscrición: Comúns: Nome, número de documento de identidade, enderezo, correo electrónico, teléfono contacto. Específicos: Funcionarios/as: Número de Rexistro Persoal Persoas en substitucións: Número do Rexistro Nacional Título e último centro no que impartiron/imparten clases. Persoas en situación de desemprego: Número do Rexistro Nacional Título ou no seu defecto, data de expedición ou de solicitude. Prezo 20€ Normal 15€ Socios/as AS-PG e persoas en situación de desemprego Gratuíta Socios/as AELG Forma de pagamento Transferencia ao número de conta 2091-0068-31-3040012611 de Caixa Galicia, urbana 27 da Coruña en concepto de “Matrícula Xornadas Virtuais Sobre Manuel Curros Enríquez” Prazo de solicitude O prazo para a recepción de solicitudes de matriculación rematará o 30 de abril de 2008. OS/AS RELATORES/AS Francisco Rodríguez Sánchez. Doutor. Cursou Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) A súa bibliografía contén estudos moi documentados e clarificadores sobre autores e autoras fundamentais na nosa literatura, como demostran os seguintes títulos: A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1995), Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada (1993) ou Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988). Máis información na web da Aelg. Anxo Angueira. Profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da C.U.T., e na revista A Trabe de Ouro. Máis información na web da Aelg. Chus Nogueira. Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Facultade de Humanidades de Lugo. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal. Na actualidade éo do Boletín Galego de Literatura e colabora do portal culturagalega.org. Máis información na web da Aelg. Pilar García Negro Profesora Titular na Universidade da Coruña, pertence ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística desta Universidade. Máis información na web da Aelg. Profesor Asociado na Universidade da Coruña, pertence ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística desta Universidade. Máis información. Xurxo Salgado Xornalista. Marcos Valcárcel Doutor en Xeografía e Historia, especialidade Historia Contemporánea. Actualmente é catedrático de Lingua e Literatura Galegas no Ensino Medio, impartindo as súas clases no Instituto A Carballeira de Ourense. Fixo a súa tese doutoral sobre a vida política e a conflictividade social nos anos da Segunda República en Ourense, dirixida por Ramón Villares Paz. Máis información na web da Aelg. Armando Requeixo Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguiu o premio extraordinario de licenciatura pola memoria titulada "A narrativa de Ánxel Fole: Estudio lingüístico e temático" (defendida na mesma Universidade en setembro de 1996). Na actualidade, traballa na súa tese de doutoramento sobre a "Obra completa de José María Díaz Castro. Estudio e edición crítica". Na actualidade imparte docencia nun centro de Ensinanza Media da provincia de Pontevedra, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago. Conferenciante, membro do consello editorial de diferentes publicacións e do xurado de varios premios, ademais de colaborador en diversos libros colectivos, manuais e enciclopedias.1
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Pilar García Negro
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Chat con Chus Nogueira
2
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Francisco Rodríguez
Segunda Xornada, Segunda Sesión
19:30-20:00 :.: Chat con Elisardo López Varela
3
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Xurxo Salgado
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Chat con Anxo Angueira
4
:.: Vídeo-relatorio
:.: Chat con Armando Requeixo
Elisardo López Varela