Vexa aquí os vídeos dos relatorios:
ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA Asociación de Escritores en Lingua Galega I Xornadas Virtuais de Literatura Curso de Formación a Distancia en contorno virtual. Datas de realización: días 7, 14, 21 e 28 de novembro, a razón dunha sesión semanal de tres horas pola tarde durante un mes (catro sesións) para as 12 horas de relatorios e chat; e até o 20 de maio de 2008 para as 8 horas de traballo individual. Horario: de 17:00 a 20:00 horas. A actividade emitirase on-line desde o Centro Multimedia da Xunta de Galicia na Coruña (Biblioteca Pública González Garcés) a través da plataforma de formación virtual Moodle. Horas de formación: 20 horas non presenciais. Número de prazas: 100 prazas Persoas destinatarias: Profesorado de ensino non universitario en activo. Custo da matrícula: 20€ Normal, 15€ Socios/as AS-PG, Gratuíta Socios/as AELG Mecánica de matriculación: Unha vez cursada a solicitude a través dos seguintes medios: Telf/Fax: 981 133 233 e-mail: oficina@aelg.org o/a solicitante efectuará unha transferencia polo importe correspondente ao número de conta 2091-0068-31-3040012611 de Caixa Galicia, urbana 27 da Coruña, en concepto de “Matrícula I Xornadas Virtuais de Literatura”. Unha vez comprobada a transferencia enviándonos por correo postal (Avda Alfonso Molina S/N, Edificio de Sindicatos, 8º andar, 15.008 – A Coruña) ou ao fax indicado o resgardo da transferencia, enviaráselle ao/á solicitante un nome de usuario e unha clave de acceso á plataforma. Datos necesarios para a inscrición: Nome, número de documento de identidade, enderezo, Número de Rexistro Persoal, correo electrónico, teléfono de contacto. Prazo de solicitude O prazo para a recepción de solicitudes de matriculación rematará o 29 de outubro de 2007. Enderezo web da plataforma: http://formacion.aelg.org/ A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza en colaboración coa AS-PG, o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza, e para o mes de novembro de 2007, a I Edición das Xornadas Virtuais de Literatura, unha iniciativa de formación en liña para os docentes de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato que permitirá ao profesorado interesado na didáctica da Lingua e Literatura Galega asistir a través de internet e sen necesidade de se desprazar, a estas Xornadas, para as que estamos tramitando a homologación ante a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 20 horas. A seguir, explicamos a filosofía e a mecánica das xornadas, así como os obxectivos que se perseguen: PRESENTACIÓN DAS XORNADAS A AS-PG e a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolverán no mes de novembro as I Xornadas Virtuais de literatura, un evento formativo que aproveitará os recursos dixitais para ofrecer un espazo cómodo de diálogo, colaboración e formación. As Xornadas Virtuais consistirán na emisión en directo de relatorios ilustrados a través da rede, dunha oferta de contidos útiles para docentes e dunha ferramenta simple para o troco de experiencias e materiais didácticos. Todo isto estará accesíbel desde a páxina web da AELG. Deste modo todos os receptores poderán asistir aos relatorios dos/das especialistas e dialogar con eles/as en directo, así como accederen durante o curso escolar aos contidos complementarios das Xornadas desde o seu propio computador e desde calquera parte do mundo, se dispoñen dos recursos informáticos máis comúns na actualidade. Estas Xornadas Virtuais de literatura estarán constituídas por: a) Contidos emitidos en directo (ver Programa): consistirán na emisión de conferencias a través da Rede. Deste modo todas e todos os matriculados poderán seguir os relatorios dos especialistas desde o seu propio computador. A cada intervención audiovisual seguirá un espazo para desenvolver un chat (diálogo audiovisual/escrito entre conferenciante e público), que posibilitará a interacción cos especialistas. b) Materiais de acceso permanente: durante e con posterioridade ás Xornadas permanecerá activo un espazo dispoñibilizado pola AELG para rendibilizar o encontro dos profesionais arredor dos temas tratados e permitir o troco de experiencias e materiais ao longo do curso escolar entre os participantes, así como a publicación de materiais de interese. Ao mesmo tempo, a propia AELG promoverá o fornecemento de novos contidos na plataforma dixital das Xornadas Virtuais que poidan resultar útiles para a comunidade docente. CONTIDOS As I Xornadas Virtuais de literatura estarán dedicadas a dous autores: a) Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008 b) Agustín Fernández Paz, autor de relevancia internacional. Ofrecerase unha reflexión especializada sobre as obras destes autores desde varios puntos de vista, sen esquecer unha oferta de metodoloxías útiles para a procura persoal de contidos no vasto universo da Internet. Ao mesmo tempo, as propostas didácticas relativas á obra das figuras estudadas terán un lugar destacado. PROGRAMA
I Xornadas Virtuais Autor ao que se dedica o Día das Letras Autor de Literatura Infantil e Xuvenil Novembro Xosé María Álvarez Blázquez Agustín Fernández Paz Mércores día 17:00 - 18:30 l (1ª Sesión: 1 hora relatorio/ 30 min. coloquio) 18:30 - 20:00 (2ª Sesión: 1 hora relatorio/ 30 min. coloquio) 7 O contexto histórico-cultural da obra de X. Mª Álvarez Blázquez, por Víctor Freixanes A obra de Agustín F. Paz, por Ramón Nicolás 14 A obra literaria de X. Mª Álvarez Blázquez, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo Os xermolos das novelas de Agustín Fernández Paz, por Agustín Fernández Paz 21 Propostas de unidades didácticas sobre a obra de X. Mª Álvarez Blázquez, por Mercedes Queixas Zas Literatura infantil e xuvenil na aula: as claves da narración oral, por Xavier P. Docampo 28 Xestión da información: pesquisas na rede sobre X. Mª Álvarez Blázquez, por Óscar Sánchez O blogue como soporte da creación literaria, por Pedro Silva As xornadas terán, pois, lugar nas tardes dos mércores días 7, 14, 21 e 28 de novembro, de 17:00 a 20:00 horas. En cada sesión ofreceranse dúas intervencións: a) unha sobre un autor en activo, neste caso Agustín Fernández Paz; b) outra sobre o autor a quen se dedique o Día das Letras Galegas do ano seguinte, neste caso Xosé María Álvarez Blázquez. Despois da intervención de cada relator (1 hora) disporase dun espazo para o coloquio virtual (chat de 30 min.). MECÁNICA DO PROCESO E RECURSOS NECESARIOS Recepción e interacción. As persoas inscritas nas Xornadas Virtuais acceden á emisión en directo das sesións desde calquera computador con conexión a Internet a través dun contorno educativo altamente intuitivo (Moodle) e mediante unha clave persoal que lle será facilitada canda máis información sobre o contorno no momento da inscrición. Poderán ver e oír as sesións, así como participar con preguntas e comentarios a través dun sistema de chat que se habilitará ao final de cada relatorio. Ademais poderán visualizar os arquivos das sesións, que ficarán gardados no contorno de traballo. Recursos necesarios por parte dos/as inscritos/as. Para seguir as I Xornadas Virtuais de Literatura só se precisa: 1. Un ordenador con conexión a internet de banda larga e altofalantes 2. Un programa navegador (Internet Explorer, Firefox, etc) 3. Instalar no computador o programa gratuíto VLC para a visualización, para o que se darán instrucións sinxelas na propia páxina web. Unha vez rematadas as Xornadas, consolidarase a plataforma como foro de traballo permanente para o troco de ideas, propostas e materiais. As persoas inscritas tamén poderán: a) Empregaren o sistema de chat para se comunicaren con outros asistentes en calquera momento; b) Accederen ás táboas de contidos das Xornadas e ás ligazóns de temas, novidades e materiais para descargar relacionados co obxecto das sesións; c) Enviaren ao administrador da plataforma os seus propios materiais didácticos para seren postos á disposición dos participantes nas Xornadas; d) Ofreceren nun taboleiro informativo os proxectos postos en práctica nos seus respectivos centros de traballo ao longo de todo o curso; e) Recibiren apoio técnico sobre a utilización da plataforma das Xornadas Virtuais; f) Proporen outros servizos ao administrador para a mellora da plataforma. Resumo das características do curso e modo de inscrición. Datas: días 7, 14, 21 e 28 de novembro, a razón dunha sesión semanal de tres horas pola tarde durante un mes (catro sesións) para as 12 horas de relatorios e chat; e até o 20 de maio de 2008 para as 8 horas de traballo individual en base a tarefas concretas encomendadas ás persoas participantes nas Xornadas, que serán tuteladas e monitorizadas a través do control de presenza da plataforma Moodle adaptada para este fin. Horario: de 17:00 a 20:00 horas Número de prazas: Non hai número máximo de prazas: a entidade convocante comprométese á adxudicación de titores en función da ratio marcada polo artigo Número de horas: 20 non presenciais Enderezo web da plataforma: http://formacion.aelg.org/ Modo e datos de inscrición: OS/AS RELATORES/AS Víctor Freixanes Escritor, xornalista e profesor, membro da Real Academia e director xeral de Editorial Galaxia. Ver a obra na ficha da AELG. Ramón Nicolás Escritor, crítico literario, tradutor e profesor. Ver a obra na ficha da AELG. Xosé Mª Álvarez Cáccamo Escritor, profesor e fillo de Xosé María Álvarez Blázquez. Ver a obra na ficha da AELG. Agustín Fernández Paz Escritor de prestixio internacional no eido da literatura infantil e xuvenil. Foi profesor até o curso pasado. Ver a obra na ficha da AELG. Mercedes Queixas Zas Profesora, especialista en didáctica, coordinadora editorial e historiadora da literatura galega. Ver a obra na ficha da AELG. Xabier P. Docampo Escritor de prestixio internacional no eido da literatura infantil xuvenil. Ver a obra na ficha da AELG. Óscar Sánchez Especialista de divulgación cultural a través dos medios electrónicos, crítico de cinema e crítico literario. Como crítico de cinema é colaborador habitual de Vieiros.com e o programa da Radio Galega Extrarradio. Ver o seu blogue persoal Días estranhos, así como outras medios dixitais nos que colabora: Sonotone, The Night of the Hunter, Libro de Notas e Le pourquoipas. Pedro Silva Administrador de sistemas, especialista e promotor do software libre e divulgador cultural a través dos medios electrónicos. É o creador e mantedor da comunidade galega de blogues blogaliza.org1
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Xabier P. Docampo
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Chat con Ramón Nicolás
2
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con X. Mª Álvarez Cáccamo
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Agustín Fernández Paz
3
17:00-18:00 :.: vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Víctor F. Freixanes
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Chat con Pedro Silva
4
17:00-18:00 vídeo-relatorio
18:00-18:30 :.: Chat con Martin Pawley
18:30-19:30 :.: Vídeo-relatorio
19:30-20:00 :.: Chat con Mercedes Queixas Zas
Unidade didáctica sobre Xosé María Álvarez Blázquez