19 de outubro de 2024
Unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO, xunto á colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega

A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral tivo lugar o sábado 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

 

A inscrición foi obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:

- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberon inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/ no apartado de Formación.

- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixeron asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.

 

Programa


10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.30 Conferencia: Olga Novo

As que cantan, as que contan, as que calan: intrahistoria das subalternas.

 

11.30-12.30 Conferencia: Beatriz Busto Miramontes

As de Mens. A oralidade invisíbel tornando a visíbel

 
12.30-14.00 Mesa redonda: Olga Novo e Beatriz Busto Miramontes

Axudaime compañeiras. As transmisoras da memoria inmaterial

Coordina: Eva Teixeiro
 
 
16.00-17.00 Conferencia: Ugia Pedreira

 As autorías na música tradicional

 
17.00-18.00 Conferencia: Xiana Lastra

Tradición e corazón

 
18.00-19.30 Mesa redonda: Ugia Pedreira e Xiana Lastra

Cantar e crear a partir da tradición. As liñas de fuga
 
Coordina: Branca Villares

 
19.30-20.30 Sesión práctica: Su Garrido

Da túa man para a miña
 

 

O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón

 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.