2 de novembro de 2021
A AELG colabora con esta actividade da Universidade da Coruña ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

Chegou unha nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura, neste edición baixo o título de Cando as palabras derruban barreiras.

A actividade tivo lugar o 2 de novembro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e a través da Plataforma Microsoft Teams, unicamente para o alumnado dos Graos en Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. As profesoras coordinadoras da actividade foron Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.

O obradoiro-coloquio contou coa presenza de:

- Sonia Hermida: Literatura infantil e inclusión. Era unha vez a diversidade.

- Uxía: A inclusión na música. Camiños e rueiros.