A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade
Público destinatario: alumnado dos Graos en Educación Infantil, Educación Primaria e Galego e Portugués e dos Mestrados en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas e en Literatura, Cultura e Diversidade.  Aberto tamén a profesorado de centros educativos, profesionais de biblioteca, lectoras/es…
 
 
Entrada libre.
Todas as sesións de 16.30 a 19.00 no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
 
Programa
 
Primeira sesión: Educación Infantil 
Martes, 10 de Outubro de 2017
 
 
 
Segunda sesión. Educación Primaria
Martes, 17 de Outubro de 2017
 
 
 
Terceira sesión. Educación Secundaria, Bacharelato e Universidade
Martes, 24 de Outubro de 2017
 

 

Actividades paralelas

Exposición fotográfica: E ti que les?” / “E ti con quen les?
Lectura en vivo de fragmentos de LIX.
I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz. Vexa as bases ao final da páxina.

 

Bases do I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz

 

FINALIDADE

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan o I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz coa finalidade de promover a literatura infantil e xuvenil en lingua galega e homenaxear, ao tempo, unha das súas figuras máis representativas.

 

OBXECTIVO

O noso obxectivo é potenciar a novos escritores e escritoras en lingua galega para que desperten ou manteñan vivo o vicio de ler en nenos/as e mozos/as. Queremos fuxir da literatura infantil e xuvenil utilitaria e reivindicar o dereito a ler como fonte de gozo desde idades temperás.

 

PARTICIPACIÓN

Poderán participar no concurso todas as persoas interesadas en escribir para público infantil e xuvenil en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

A data límite para a recepción de textos será o 24 de febreiro de 2018.

 

ENVÍO DE ORIXINAIS

As obras que se presenten terán un máximo de cinco páxinas mecanografadas a espazo e medio. Non obstante, o xurado podería reconsiderar este criterio se a temática ou o necesario desenvolvemento do argumento así o requirise. Os/as participantes enviarán o texto en formato pdf por correo electrónico ao seguinte enderezo candolernonserve@gmail.com co asunto “I Concurso Agustín Fernández Paz”. Para alén dos relatos, os participantes incluirán tamén outro documento en que figuren os seus datos persoais: nome, apelidos e

teléfono de contacto.

 

XURADO E FALLO DO PREMIO

Unha comisión composta por especialistas no campo da literatura infantil e xuvenil seleccionará un dos textos aténdose á calidade literaria, á orixinalidade e á creatividade.

Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, a teor do criterio dos membros da comisión, o premio poderá declararse deserto. Este reunirase na segunda quincena do mes de marzo e dará a coñecer a obra premiada o día 2 de abril a través da web da Facultade de Ciencias da Educación (http://www.educacion.udc.es) e da web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (http://www.aelg.gal).

 

PREMIOS

A persoa autora da obra premiada recibirá un vale da libraría Moito Conto por valor de 150 €. Así mesmo, o relato gañador será exhibido nun espazo público da Facultade de Ciencias da Educación. Se a comisión considera de calidade outras obras non gañadoras, estas poderán recibir un accésit e participar tamén da dita exposición.

 

ACTO DE ENTREGA

O galardón entregarase nun acto organizado pola Facultade de Ciencias da Educación o 23 de abril. As persoas recoñecidas, ben co premio, ben con accésits terán que acudir en persoa.