Chega unha nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, baixo o título de Morreu o demo e viñeron os monicreques!
A actividade terá lugar na cuarta feira/mércores 28 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Desde a Universidade colaboran con esta actividade as profesoras Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente.
Participan na actividade:
- Anxo García, quen falará sobre o Proxecto Barriga Verde: da barraca á aula.
- Larraitz Urruzola, quen fará un Obradoiro de monicreques.
A entrada é libre e gratuíta.

