As xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.
Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro e tamén a danza, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para contestar, reivindicar, apuntar ou interrogar á comunidade que congregan sobre aspectos fundamentais da actualidade.
Para a VI Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG queremos poñer o foco nun dos aspectos imprescindibles para que a danza e o teatro poidan existir: a comunidade, a co-presenza.
Coincide nesta condición sine qua non das artes escénicas, que requiren da co-presenza e da comunidade, a propia esencia da humanidade. A persoa humana éo grazas á comunidade na que medra e da cal recibe a lingua, a cultura e todo aquilo que conforma o feito de ser.
Desde 2020 sufrimos unha pandemia que interpuxo entre nós, por cuestións sanitarias, unha distancia e incluso épocas de confinamento. Isto tivo e segue a ter unhas consecuencias na nosa saúde, como demostran os estudos e as estatísticas respecto ao incremento de doenzas psicolóxicas e físicas, directamente relacionadas co illamento e con esa obrigación de mantermos a distancia.
Nesta VI Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG queremos indagar en como os textos destinados á dramaturxia e en como as artes escénicas son o mellor antídoto contra a distancia social, psicolóxica, emocional e afectiva, mantendo a distancia sanitaria para que non se produzan contaxios polo coronavirus.
Ou sexa, reflexionar sobre o importante papel das artes escénicas para xerar comunidade, para manter vínculos ao crear un sentimento de pertenza, a través do xogo que os espectáculos nos propoñen.
Tivo lugar o 20 de novembro de 2021 no Fórum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos, 1).
No desenvolvemento desta actividade aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento. Neste sentido, as persoas interesadas en asistir como público solicitaron a inscrición previa no correo electrónico oficina@aelg.org
PROGRAMA
SÁBADO 20 DE NOVEMBRO
No Forum Metropolitano da Coruña
- 09:45 h. Apertura da IV Xornada.
IV Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (mañá).
- 10:15 h. Retake, de Amparo Martínez Paz.
- 11:00 h. Efecto flash, de Ana Abad de Larriva.
- 11:45 h. Humanocrono, de Susana Lorenzo Vázquez.
- 12:30 h. Aula maxistral a cargo de Gonçalo Amorim. Director artístico do FITEI, Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (Portugal) e director teatral do TEP (Teatro Experimental do Porto). “Festivais e teatros en tempos de distancias sanitarias”.
IV Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática (tarde).
- 16:30 h. Ditados ou o ter de acabar, de Isabel Milhanas Machado.
- 17:15 h. Raigame, de Sara Guerrero Alfaro.
- 18:00 h. Meu rei, de Daniel González Lamoso.
SÁBADO 20 DE NOVEMBRO
No Forum Metropolitano da Coruña
IV Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática.
Convocatoria aberta a proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, para teatro, danza, circo ou outras modalidades escénicas, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou unha mostra desta. Proxectos de Galiza e de Portugal (contémplase a posibilidade de ampliar o número de proxectos seleccionados, en función de que contemos coa confirmación do orzamento económico solicitado ás administracións públicas).
O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima de 15 minutos.
As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado á peza ou fragmento da peza que vai amosar. Privilexiaranse as presentacións que reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.
No breve debate posterior ás presentacións, no cal contaremos coa colaboración do director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, FITEI, do Porto (Portugal), Gonçalo Amorim, buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.
O prazo para o envío de proposta finalizou o 1 de novembro de 2021.
IV Festival Peças de um teatro do porvir, Galiza + Portugal. Processos abertos de escrita dramática.
Convocatória aberta a projectos de escrita dramática ou dramaturgia, para teatro, dança, circo ou outras modalidades cénicas, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estejam a escrever alguma peça nova ou que tenham uma peça recente e queiram abri-la ao público, achegando un fragmento ou uma mostra desta. Projectos de Galiza e de Portugal (contempla-se a possibilidade de ampliar o número de projectos seleccionados, em função de que contemos com a confirmação do orçamento económico solicitado às administrações públicas).
O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para um breve debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.
As apresentações serão feitas no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais adequado à peça ou fragmento da peça que vai amostrar. Privilegiar-se-ão as apresentações que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.
No breve debate posterior às apresentações, onde contaremos com a colaboração do director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, FITEI, do Porto (Portugal), Gonçalo Amorim, procuraria-se conhecer a reacção do público, num diálogo que, talvez, possa servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em processo.
O prazo para o envio de propostas finalizou o 1 de Novembro de 2021.