Do 20 de novembro de 2020 ao 21 de novembro de 2020
Organizada pola AELG co apoio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña e o Centro Camões de Vigo
Foto da actividade
V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias

 

As xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de pór en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.

Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro e tamén a danza, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para reivindicar, apuntar ou interrogar a comunidade que congregan sobre aspectos fundamentais da actualidade.

Sen necesidade de nos afastarmos moito, nin no tempo nin no espazo, levamos enfrontado, polo menos, dúas crises importantes: a crise económica que comezou arredor do ano 2008 e que usurpou moitos dereitos ao longo de case unha década, e agora, en 2020, a crise do coronavirus, Covid-19, e a declaración por parte do Goberno español do Estado de Alarma, recentralizador e confinador.

Tanto nunha como na outra crise estamos vendo que se establece unha orde de prioridades que adoita deixar en segundo plano necesidades básicas, que están na constitución do humano, como a realización cultural nas súas diversas e complementarias expresións.

Malia as prioridades que se poidan establecer nunha situación de alarma, cremos que estas non se deben utilizar para desprazar ou ignorar outros dereitos nin para descoidar asimetrías e necesidades como, por exemplo, o emprego da lingua galega nun territorio no cal se ve minorizada, as revindicacións do feminismo ou a produción e o acceso á cultura e ás artes.

No ámbito cultural, polas súas circunstancias colaborativas e dependentes de medios, as artes escénicas, o teatro e a danza, entre elas, sofren unha continua precarización. No entanto, nesta última crise, de emerxencia sanitaria, en que o confinamento foi o medio de loita contra a pandemia, puido comprobarse como as persoas necesitan estímulos e alicientes para cultivar e alimentar non só partes do seu corpo, senón tamén órganos como o cerebro, o sistema nervioso, e todo iso que, se callar, metaforicamente chamamos espírito, mais que é unha parte integral do corpo e da saúde. Non só se trata da saúde do sistema respiratorio, que pode ser atacado por un coronavirus, senón tamén doutros sistemas interconectados do corpo, que necesitan a medicina das artes, da literatura, do teatro, da danza, do cinema, da música, etc.

Estamos no momento de facer un diagnóstico non só do sistema público de saúde para enfrontar pandemias, mais tamén do sistema público de cultura e arte.

Estamos no momento, tamén, de ver como as literaturas producidas non só por e para o teatro, mais tamén por e para a danza, o circo, a ópera, a performance, etc. responden e actúan ante situacións de crise e alarma. Unha revisión e unha reflexión que contribuíu, quizais, non só a xerar conciencia sobre a importancia da cultura para a saúde e o benestar común, mais tamén para afortalar ese sistema público de cultura e artes, que, até o de agora, na nosa contorna, sempre foi minimizado, recortado e marxinalizado.

Esta é a proposta arredor da cal xiraron os relatorios e as mesas de debate da V Xornada de Literatura Dramática da AELG. Unha proposta que, con certeza, encontrou os seus ecos e reflexos nalgúns dos procesos creativos que se presentaron no Festival Pezas dun Teatro do Porvir, porque, como xa sinalamos, as artes vivas nunca se mantiveron alleas ás cuestións máis acuciantes de cada época.

Por outra banda, un dos elos fundamentais desta V Xornada foi servir como viveiro e estímulo para as creadoras e creadores que, nestes momentos, están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os palcos. Cómpre facilitarmos, visibilizarmos, abrirmos espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para encontrar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción.

Coa alegría dun nacemento, celebrámolo a xeito de festival e chamámoslle PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL, que, neste 2020, ampliamos a 7 os proxectos que foron amosados e compartidos en público. Ademais, procuramos o diálogo coas inquedanzas que, neste ámbito, podemos compartir coas dramaturgas e dramaturgos de Portugal, reforzando os lazos de irmandade que se remontan á orixe común da nosa lingua. Para promovermos as sinerxías e o diálogo, abriuse este III FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL a 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal.

 

Este ano, debido á situación derivada da pandemia da Covid-19, o formato foi virtual. As persoas interesadas puideron ver a transmisión en directo na canle de Youtube da AELG, nesta ligazón.

Tivo lugar o 20 de novembro de 2020 pola tarde e o 21 de novembro pola mañá directamente desde internet, na canle indicada anteriormente.

 

No desenvolvemento desta actividade aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

 

III Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Galiza + Portugal

 

PROGRAMA

 

SEXTA FEIRA, VENRES, 20 DE NOVEMBRO

Emisión en directo desde a canle de Youtube da AELG.

 

- 16:30 Apertura da IV Xornada.

Interviñeron:

- Rómulo Sanjurjo, Director da Área de Cultura do Concello da Coruña.

- Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

 

- 16:45 Mesa redonda As literaturas para teatro e danza fronte ás crises.

Presentación e moderación: Afonso Becerra.

Interviñeron: Branca Novoneyra e AveLina Pérez.

 

- 17:50 Mesa redonda A cultura é un ben necesario en tempos de crise?​

Presentación e moderación: Cilha Lourenço Módia. Debido a causas de saúde, foi substituída finalmente por Afonso Becerra neste día.

Interviñeron: Mercedes Queixas Mercedes Rosón.

 

- 19:15 Aula maxistral a cargo de Mickael de OliveiraDramaturgo e Director artístico do END, Festival Encontros de Novas Dramaturgias de Portugal. Presentación a cargo de Afonso Becerra.

 

 

III Festival Pezas dun Teatro do Porvir. Galiza + Portugal

 

SÁBADO 21 DE NOVEMBRO

Desde a canle de Youtube da AELG.

 

Entre as 09:55 e as 13:30.

III Festival Pezas dun teatro do porvir, Galiza + Portugal. Procesos abertos de escrita dramática.

Convocatoria aberta a 7 proxectos de escrita dramática ou dramaturxia, para teatro, danza, circo ou outras modalidades escénicas, individuais ou colectivos, de dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público, achegando un fragmento ou unha mostra desta. 4 proxectos de Galiza e 3 proxectos de Portugal.

Este festival constou dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, houbo un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.

As presentacións fixéronse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considerou máis axeitado á peza ou fragmento da peza que vai mostrar.

Neste 2020, o formato foi virtual, polo que se publicaron previamente uns vídeos de cada proposta das/os dramaturgas/os ou equipas de dramaturxia na canle de Youtube da AELG. O propio día 21, nas franxas horarias sinaladas a continuación, retransmitiuse cada vídeo e houbo unha conversa por videoconferencia duns 15 minutos cos/as autores/as. Deste xeito, buscouse coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, puido servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabamento desas pezas en proceso.

 

Estas foron as pezas escollidas, e os horarios en que tivo lugar o visionado dos vídeos enviados previamente e a conversa posterior, sempre o día 21 de novembro na canle de Youtube da AELG:

- De 09:55 a 10:00 h. (Galiza). De 08:55 a 09:00 h. (Portugal). Breve presentación do Festival de Pezas 2020.

Obras galegas:

- De 10:00 a 10:30 h. (Galiza). De 09:00 a 10:00 h. (Portugal). Mudras familiares. Borja Fernández. O vídeo de presentación pode verse aquí.

- De 10:30 a 11:00 h. (Galiza). De 09:30 a 10:00 h. (Portugal). Mulleres que bailan na néboa. Ana Abad de Larriva. O vídeo de presentación pode verse aquí.

- De 11:00 a 11:30 h. (Galiza). De 10:00 a 10:30 h. (Portugal). Museo-viveiro. Helena Salgueiro. O vídeo de presentación pode verse aquí.

- De 11:30 a 12:00 h. (Galiza). De 10:30 a 11:00 h. (Portugal). Vendo Opel Corsa. Pornós Teatro: Alba Pérez, Carlota Mosquera, Lucas Simón, Lydia Prada, Noelia González, Uxía Algarra e Yago Durán. O vídeo de presentación pode verse aquí.

Obras portuguesas:

- De 12:00 a 12:30 h (Galiza). De 11:00 a 11:30 h. (Portugal). Anti-Benjamin. Ricardo Cabaça. O vídeo de presentación pode verse aquí.

- De 12:30 a 13:00 h (Galiza). De 11:30 a 12:00 h. (Portugal). Declaração de Amor. Isabel Milhanas Machado. O vídeo de presentación pode verse aquí.

- De 13:00 a 13:30 h (Galiza). De 12:00 a 12:30 h. (Portugal). DIY. Projeto Casa: Cátia Faísco. O vídeo de presentación pode verse aquí.

Aquí podes consultar o conxunto dos vídeos dispoñíbeis.

 

III Festival Peças de um teatro do porvir, Galiza + Portugal. Processos abertos de escrita dramática.

Chamada aberta a 7 projetos de escrita dramática ou dramaturgia, para teatro, dança, circo ou outras modalidades cênicas, individuais ou coletivas, de dramaturgas/os que estivessem escrevendo uma peça nova ou que tivessem uma peça recente e quisessem abri-la ao público, aproximando-se um fragmento ou uma amostra desta. 4 projetos da Galiza e 3 projetos de Portugal.

Este festival consiste na exposição ou amostra de um fragmento da peça ou da totalidade da peça, no caso de serem breves, com a duração máxima de 15 minutos. A seguir, houve tempo adicional para um breve debate ou conversa sobre o assunto, com duração máxima de 15 minutos.

As apresentações foram feitas no formato que cada dramaturgo ou equipa de dramaturgia considerou mais adequado para a peça ou fragmento da peça ser exposta.

Neste 2020, o formato foi virtual, com o que se publicaram previamente uns vídeos de cada proposta das/os dramaturgas/os ou equipas de dramaturgia no canal de Youtube da AELG. O próprio dia 21, nas faixas horárias assinaladas a continuação, retransmitiu-se cada vídeo e houve uma conversa por videoconferência de uns 15 minutos com os/as autores/as. Deste modo, procurou-se conhecer a reacção do público, num diálogo que, quiçá, possa servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabamento dessas peças em andamento.

 

Estas foram as peças escolhidas, e os horários em que teve lugar o visionado dos vídeos enviados previamente e a conversa posterior, sempre o dia 21 de Novembro no canal de Youtube da AELG:

- De 09:55 a 10:00 h. (Galiza). De 08:55 a 09:00 h. (Portugal). Breve apresentação do Festival de Pezas 2020.

Obras galegas:

- De 10:00 a 10:30 h. (Galiza). De 09:00 a 10:00 h. (Portugal). Mudras familiares. Borja Fernández. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

- De 10:30 a 11:00 h. (Galiza). De 09:30 a 10:00 h. (Portugal). Mulleres que bailan na néboa. Ana Abad de Larriva. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

- De 11:00 a 11:30 h. (Galiza). De 10:00 a 10:30 h. (Portugal). Museo-viveiro. Helena Salgueiro. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

- De 11:30 a 12:00 h. (Galiza). De 10:30 a 11:00 h. (Portugal). Vendo Opel Corsa. Pornós Teatro: Alba Pérez, Carlota Mosquera, Lucas Simón, Lydia Prada, Noelia González, Uxía Algarra e Yago Durán. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

Obras portuguesas:

- De 12:00 a 12:30 h (Galiza). De 11:00 a 11:30 h. (Portugal). Anti-Benjamin. Ricardo Cabaça. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

- De 12:30 a 13:00 h (Galiza). De 11:30 a 12:00 h. (Portugal). Declaração de Amor. Isabel Milhanas Machado. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

- De 13:00 a 13:30 h (Galiza). De 12:00 a 12:30 h. (Portugal). DIY. Projeto Casa: Cátia Faísco. O vídeo de apresentação pode ver-se aqui.

Aqui podem consultar o conjunto dos vídeos disponíveis.

 

 

Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.

Branca Novoneyra. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, DEA en Educación Artística pola Universidade de Granada e especialista en Edición Dixital pola UOC. Durante dez anos traballou no ámbito da danza contemporánea e xestionou o Laboratorio de Movementos. É autora de dous libros de poesía e traballa no eido da xestión cultural, centrada no espazo editorial. Coorganiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos e colabora activamente con diversas estruturas e artistas en proxectos escénicos e poéticos. Concelleira de Acción Cultural en Santiago de Compostela na lexislatura 2015-2019.

 

AveLina Pérez (Santa María de Oia, Pontevedra, 1969). Formada en Dirección de escena e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática, é autora de obras como A que non podes dicir Coca Cola?Non teño espello no baño (Premio da Audiencia no Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural), Eu controlo (Premio A pegada do Eco), Os cans non comprenden a Kandinski (texto editado no número 91 da erregueté), Os arroaces son animais sucios e desesperados (premio no I Torneo Dramatúrxico de Galicia), Honey Rose, a obra gañadora do 13º Premio Abrente, O día no que bicar a terra e Ás oito da tarde, cando morren as nais, Premio Álvaro Cunqueiro 2018.

O humor acedo, a culpa, Beckett, a incomunicación e un fondo compromiso social aderezan o imaxinario desta creadora que considera o teatro como o último refuxio.

 

Mercedes Queixas. Licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. En 1996 aprobou as oposicións de secundaria na especialidade de Lingua Galega e Literatura, labor que compaxinou con varias funcións: secretaria xeral da AELG entre 2005 e 2020; coordinadora territorial Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre 2007 e 2010 ou coordinadora da editorial Laiovento entre 1995 e 2000. Estivo tamén vinculada a ProLingua, á Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e como membro correspondente da Real Academia Galega desde 2018. En xullo de 2020 foi electa Deputada do Parlamento Galego. Publicou colaboracións en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Sermos Galiza e Nós Diario.

 

Mercedes Rosón. Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria desde finais dos anos oitenta; centrando fundamentalmente a súa actividade nos ámbitos da xestión e produción de música, exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música. Durante oito anos, de 2003 ao 2011, foi concelleira no Goberno municipal do Concello de Santiago de Compostela, ocupando as áreas de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda e Educación. En 2011 retomou o seu traballo na Universidade, traballo que compaxinou coa actividade política como concelleira do PSdeG-PSOE na oposición do concello compostelán ata o 2 de decembro de 2017. Á marxe da actividade profesional, forma parte de diferentes colectivos veciñais, sociais e culturais. Actualmente é Concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, con competencias en Urbanismo (Planeamento, Licenzas, Disciplina Urbanística e Patrimonio), Cidade Histórica, Vivenda, Rehabilitación e Cultura (Auditorio de Galicia, Teatro Principal e Zona C). Primeira tenente de alcalde.

 

Mickael de Oliveira naceu en 1984 en Francia e vive en Portugal desde 1999, residindo actualmente en Lisboa. É licenciado e mestre en Estudos Artísticos – Variante Teatro, pola Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra, concluíu en 2013 o seu doutoramento na área da dramaturxia contemporánea portuguesa e europea, pola Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa. Escribe para teatro desde 2004, tendo cofundado o Coletivo 84 en 2008, estrutura na que desenvolve o seu traballo de escrita e de escenografía. Ten colaborado igualmente con outras compañías como a Cão Danado (Porto), Teatro Nova Europa (Porto) e DayforNight (París). O seu percurso foi galardoado en 2007 co Prémio Nova Dramaturgia Maria Matos (Teatro Municipal Maria Matos, Lisboa) con O que é teu entregou aos mortais, en 2009 coa Menção Honrosa do Prémio Luso-Brasileiro António José da Silva (Teatro Nacional D. Maria II, Lisboa / FUNARTE, Brasil) co texto Clitemnestra. É autor dunha decena de textos, entre os cales: Hipólito – monólogo masculino sobre a perplexidade (2009, esc. John Romão), 70KG (2009, esc. John Romão), Monólogos e Materiais para o espectáculo Velocidade Máxima (2009, esc. John Romão), Só os idiotas querem ser radicais (2009, esc. John Romão), Textos para apocalipses para o espectáculo Morro como país, baseado no texto de Dimítris Dimitriádis (2010, esc. John Romão), A hora é nocturna e o tempo é agora (2010, esc. Nuno M. Cardoso), Boris Yeltsin (2012/2013, esc. Nuno M. Cardoso), Oslo - Fuck Them All and Everything Will Be Wonderful (co-criação Mickaël de Oliveira e Nuno M Cardoso). Publicou en 2015 Obra Completa Tomo I (Edições Húmus) que xunta os seus últimos traballos de escrita. Varios dos seus textos están traducidos para francés, inglés, castelán, eslovaco, e lidos en Francia, Bélxica e Xenebra. Foi igualmente convidado a presentar, en agosto de 2015, Oslo - Fuck Them All and Everything Will Be Wonderful, nunha tradución francesa de Ilda Mendes dos Santos, no festival dedicado ás escritas teatrais contemporáneas, La Mousson d’Été (Pont-à-Mousson / França), dirixido artisticamente por Michel Didym, con coordinación científica de Jean-Pierre Ryngaert en colaboración con Joseph Danan, Mathieu Bertholet e Nathalie Fillion. 

É director artístico do proxecto Encontros de Novas Dramaturgias Contemporâneas, que pretende promover a dramaturxia contemporánea portuguesa e internacional, tendo a 1ª Edición decorrido no São Luiz Teatro Municipal (Lisboa) en novembro de 2010 e a 2ª Edición no Teatro Académico de Gil Vicente (Coimbra), en Marzo de 2015. Foi profesor asistente de Xestión Cultural e de Estudos Artísticos na Escola Superior de Educação e Ciências Sociais do Instituto Politécnico de Leiria e Profesor Convidado na Escola Superior de Teatro e Cinema e despois Profesor Auxiliar Convidado na Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. Foi, de 2011 a 2015, Director-Adxunto do Teatro Académico de Gil Vicente (Coimbra).

 

Afonso Becerra. Dramaturgo e Director de escena. Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramática na Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias. Premio Álvaro Cunqueiro de obras teatrais da Xunta de Galicia. Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Ademais de artigos e colaboracións en diversos volumes colectivos, ten publicado, como dramaturgo e ensaísta, as seguintes obras: Textículos dramáticos e posdramáticos (Laiovento, 2013 e 2014), Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (Laiovento, 2012), "9999", no libro Banqueiros, coordinado por Francisco Pillado Maior (Laiovento, 2012), Dramatículas (Laiovento, 2010), É un dicir (Revista das Letras. Nº 833. 19/08/10. Galicia Hoxe), Crio-Xénese (Laiovento, 2007), Dramaturxia. Teoría e práctica (Galaxia, 2007), Rexurdimento (RGT, 2006), O ritmo na dramaturxia (Universidade da Coruña, 2005) e Agnus Patris (Xerais, 2002).

En 2009 fundou, xunto a Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro. Pertence ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro). É colaborador da revista de artes escénicas ARTEZ e de El Periódico de las Artes Escénicas y Visuales ARTEZBLAI. Foi corresponsal de Primer Acto. Foi membro da AICT (Asociación Internacional de Crítica Teatral), da ADE (Asociación de Directores de Escena). Do 2006 ao 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).

 

Cilha Lourenço Módia (1974, A Coruña). Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora interina na Universidade da Coruña. Destaca o seu labor de investigación sobre a dramaturxia galega contemporánea.

Individualmente ten publicado o ensaio O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978) (2013, Laiovento), e editado o libro Teatro Circo. Tres textos (2010, Deputación da Coruña). Ten publicadas, entre outras, as seguintes obras colectivas: Talía na crónica de nós: dez anos de teatro galego (1990-1999) (2000, Abano, Ourense); O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002, Deputación da Coruña) e Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle (2009, AGAL).