A Aelg, a través da súa Sección de Crítica, botou a andar a primeira edición da Xornada da Crítica Galega.
Foto da actividade
  A I Xornada da Crítica Galega, unha iniciativa que a Aelg, a través da súa Sección de Crítica, botou a andar este ano coa colaboración do Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre a crítica literaria, tan importante para a normalización do noso sistema literario.

Foi concibida como un primeiro encontro entre profesionais diversos do mundo da crítica para iniciar unha reflexión acerca da situación da crítica literaria en Galicia nas súas diferentes manifestacións.

Esta primeira Xornada, dirixida a todas aquelas persoas relacionadas co mundo da crítica literaria e cos escritores en xeral, quixo ter en conta a actividade crítica que se está a desenvolver hoxe no marco peninsular, e para iso contará con representantes da crítica galega, catalá, vasca , española e portuguesa.

O encontro tivo ademais como obxectivo crear un foro de debate sobre a crítica literaria galega que reúna todas aquelas persoas que a estean a exercer nos diferentes ámbitos, para debateren os seus principais problemas e acadar un maior grao de recoñecemento e profesionalización das súas actividades.

Desenvolvéronse nas instalacións do Consello, o  venres día 21 de setembro de 2007, co seguinte programa:

 

 

10.00 Inauguración e presentación das Xornadas:

Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega

Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG (Vexa aquí a súa intervención)

Xosé Manuel Eyré, Integrante da Comisión Xestora da Sección de Crítica

Galega da Aelg

 

10.30  Conferencia-coloquio: "A crítica literaria xornalística da literatura galega".

Ramón Nicolás Rodríguez

Presenta Mª Xesús Nogueira

11.30 Café

12.00  Conferencia-coloquio: "A crítica literaria académica da literatura galega".

Arturo Casas Vales

Presenta Xosé Manuel Eyré

13.00  Debate: "A crítica literaria galega", a cargo de todos os presentes.

Modera: Mª Xesús Nogueira

 

14.30 Xantar

 

17.00-19.00 Mesa Redonda:

"A crítica literaria fóra de Galicia. Os casos portugués, catalán, vasco e español".

Joan Josep Isern, da Asociación Críticos Literarios Cataláns

Iratxe Retolaza. Profesora da EHU-UPV

Ángel Basanta, da Asociación Española de Críticos Literarios

Abel Barros Baptista, profesor da Universidade Nova de Lisboa

Modera: Olivia Rodríguez.

Vexa aquí o programa da Xornada en .pdf

Vexa aquí as actas da Xornada en .pdf