
Na Cea das Letras celebrada en Compostela, o escritor Manuel María recibiu o máximo galardón da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o premio AELG, como autor do mellor libro publicado no 2001 que foi a súa Obra poética completa , dous tomos editados por Espiral Maior. O premio consistiu nunha pluma estilográfica de ouro gravada para a ocasión. O escritor recoñeceu que segue sendo usuario da pluma para escribir e agradeceu especialmente o premio polo feito de ser concedido polos seus compañeiros, os máis de 200 que forman a AELG.
As outras obras finalistas foron:
- 
	Males de cabeza, Fran Alonso
 - 
	Campo Segado, M. Álvarez Torneiro
 - 
	Un escritor nos xornais, X. L. Méndez Ferrín
 - 
	Pedinche luz prestada, Marica Campo
 - 
	A memoria da nación, Camilo Nogueira
 - 
	Nación, literatura, identidade, Antón Figueroa
 - 
	Footing, Gustavo Pernas
 - 
	Ganga, Antón Lopo
 - 
	A memoria do boi, Xosé Vázquez Pintor
 
		