A Polafía de Chantada trouxo como título, en 2025, Memorias do Entroido ribeirao e demais contos.
Tivo lugar o sábado 15 de novembro, a partir das 17:00 horas, no Local veciñal de Santiago de Arriba, en Chantada, con entrada libre até completar capacidade.
Contou coas intervencións de: Juan Carlos e Marisé, Xosé Manuel Seixas, Xosé Figueiredo e demais veciñas e veciños da contorna. Houbo acompañamento musical con dous gaiteiros.
A coordinación e divulgación correu a cargo de Branca Villares e Xosé Manuel Seixas.

