20 de novembro de 2021
Co apoio da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a colaboración de Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros, Cafetería Estilo e o Museo da Terra de Melide.
Foto da actividade

Museo da Terra de Melide (como chegar)

A Polafía realizouse no Museo Terra de Melide o sábado 20 de novembro. Colaboraron na organización e participaron directamente na actividade: Antom Laia, Suso Ascariz, Cristina Vázquez, Xurxo Broz, Os Melidaos, Herba Grileira, Laia Zapateiros, xunto á colaboración de Cafetería Estilo.

A actividade foi coordinada por Antonio Reigosa (vogal responsábel da Sección de Literatura de Tradición Oral).

 

Comezouse ás 12:00 horas no obradoiro de Ramón Laia, artesán que fabrica, entre outras pezas, sandalias e botas para peregrinos. A seguir percorréronse espazos exteriores vencellados ao Camiño polo espazo urbano de Melide e achegámonos á aldea de Leboreiro para gravar as pegadas do paso do Camiño: casas con mostrador, hospital do s. XII, igrexa, ponte medieval...

Ás 17:00 reunímonos no Museo da Terra de Melide para o acto con público. Participaron Cristina Vázquez, Xurxo Broz, o gaiteiro Suso Ascariz, Alberto Rodríguez, propietario dunha curiosa guía do Camiño do artistas xaponés Munehiro Ikeda, e os poemas de Antom Laia. A seguir, o público presente desprazouse ao Centro Cultural 'Mingos Fuciños' para gravar aos Melidaos que ensaiaban para o concerto posterior. E ás 21:00 h., no Museo Terra de Melide, asistiuse á actuación da xente da escola de baile e música tradicional Herba Grileira.

 

 

No desenvolvemento desta actividade aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.