Museo da Terra de Melide (como chegar)
Debido ás restricións sanitarias pola situación derivada da pandemia de Covid-19, tivo lugar en formato virtual, polo que se gravaron as participacións e entrevistas por videoconferencia durante o mes de novembro. En xeral, iso permitiu que puidesen estar presentes máis persoas do habitual neste tipo de actos, quedando á disposición de todo o público interesado na web da AELG, en concreto na Sección de Literatura Oral, as gravacións realizadas.
Colaboraron na organización: Cristina Vázquez, Xurxo Broz, Museo Terra de Melide, Herba Grileira, Os Melidaos e Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular.
Participaron diversas persoas que gardan a memoria da cultura e do saber da comarca Terra de Melide: Cristina Vázquez Neira, Xurxo Broz Rodríguez, Enrique Broz Rei, Ana María Pérez Vázquez (Anamar Pérez), Miguel Varela Puga (Miki), Noelia Varela Puga, Miguel Rivadulla Sánchez (Michel), David Canoura López, Lidia Barreiro Felpeto, Zeltia Labraña González, Manuel Rodríguez “Charrancas”, Antonio Raposo Vidal, Xulio Pérez Pérez e Paco Veiga García.
A actividade foi coordinada por Antonio Reigosa (vogal responsable da Sección de Literatura de Tradición Oral).
.